martes, 25 de febrero de 2025

A bioloxía nos contos clásicos!

Con motivo da celebración do vindeiro Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

 A proposta foi: “A bioloxía nos contos clásicos” Actividade: analizar criaturas e seres vivos que aparecen en contos ou mitos (por exemplo, os lobos en "Caperucita Vermella" ou as árbores en "O Señor dos Aneis"). Logo, os estudantes investigan as especies reais detrás destas historias e elaboran un mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. Produto final: mural para expoñer no Colexio e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

 Contos escollidos: BLANCANIEVES ( paxariños?
, coellos?) CAPERUCITA (lobo) BAMBI (cervos)

1ª ACTIVIDADE asíncrona: Presentación empregando Canva para contar o conto con imáxenes e pouco texto e engadir ficha biolóxica do animal a coñecer ( cas voces dos autores converter a presentación en vídeo) 
2ª ACTIVIDADE asíncrona: Elaboración mural
3ª ACTIVIDADE síncrona: Exposición alumnado infantil

lunes, 10 de febrero de 2025

11 de Febreiro Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia

A finais do 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou declarar o 11 de febreiro como o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.
 As estatísticas seguen mostrando a necesidade de fomentar carreiras investigadoras en nenas e mozas a través da educación (con especial atención nas disciplinas STEM); ademais de evidenciar a maior dificultade na promoción a escalas superiores das mulleres que traballan en ciencia e innovación.
 A celebración deste día no colexio está dirixida a potenciar as vocacións científicas en nenas e a fomentar a igualdade de cara a estudios futuros e vocacións científicas.
A importancia de destacar o papel da muller na ciencia é potenciar o estudio de ciencia nas nenas, podemos vela no otraballo realizado pola alumna de 3º ESO Maimuna Khoule que comparte a súa visión da importancia de celebrar este día 11 de febreiro con este vídeo:



Con este outro vídeo editado pola alumna Eva Sandín de 4º da ESO e grazas a colaboración dnha mostra de alumnado de primaria vemos coma a mente das nenas e nenos está aberta as vocacións científicas dende o prisma da igualdade, e así o explican cos seus testimonios rebosantes de naturalidade, neste vídeo: 
Que queres ser de maior?


Grazas polos vosos traballos e Feliz Día da Muller e a Nena na Ciencia!