A finais do 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou declarar o 11 de febreiro como o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.
As estatísticas seguen mostrando a necesidade de fomentar carreiras investigadoras en nenas e mozas a través da educación (con especial atención nas disciplinas STEM); ademais de evidenciar a maior dificultade na promoción a escalas superiores das mulleres que traballan en ciencia e innovación.
A celebración deste día no colexio está dirixida a potenciar as vocacións científicas en nenas e a fomentar a igualdade de cara a estudios futuros e vocacións científicas.
A importancia de destacar o papel da muller na ciencia é potenciar o estudio de ciencia nas nenas, podemos vela no otraballo realizado pola alumna de 3º ESO Maimuna Khoule que comparte a súa visión da importancia de celebrar este día 11 de febreiro con este vídeo:
Con este outro vídeo editado pola alumna Eva Sandín de 4º da ESO e grazas a colaboración dnha mostra de alumnado de primaria vemos coma a mente das nenas e nenos está aberta as vocacións científicas dende o prisma da igualdade, e así o explican cos seus testimonios rebosantes de naturalidade, neste vídeo:
Que queres ser de maior?
Grazas polos vosos traballos e Feliz Día da Muller e a Nena na Ciencia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario