jueves, 8 de mayo de 2025

Unión Europea

 A Unión Europea: Máis ca un conxunto de países

Sabías que en Europa hai unha unión de países que comparten leis, moeda e obxectivos comúns? Chámase Unión Europea (UE), e non é só un bloque político ou económico: é un experimento único de cooperación internacional

 Que é a Unión Europea?

A UE é unha unión política e económica formada por 27 países que decidiron traballar xuntos para manter a paz, mellorar a economía e facerlle a vida máis doada á xente. Xurdiu despois da Segunda Guerra Mundial, coa idea de que cooperar é mellor que enfrontarse.


 Que fai por nós?

  • Libre circulación: Podes viaxar, vivir, estudar ou traballar en calquera país da UE sen necesidade de visado.

  • Unha moeda común: 20 países usan o euro (€), o que facilita as compras e os negocios.

  • Protección dos consumidores e do medio ambiente: A UE crea leis para coidar dos nosos dereitos e do planeta.

  • Axuda económica: Apoia as rexións menos desenvolvidas con fondos e proxectos.

 Por que é importante?

A UE demostra que, mesmo con culturas, linguas e tradicións diferentes, se pode traballar xuntos. Non sempre é perfecta, claro, pero os seus logros falan por si sós: paz duradeira, desenvolvemento económico e unha voz forte no mundo.

miércoles, 7 de mayo de 2025

Idiomas da Unión Europea

27 países da Unión Europea - 24 idiomas oficiais

1. Austria
  • Fálase o Alemán (Oficial) 
 2. Bélxica 


  • Fálanse 3 idiomas: - Neérlandés (flamengo) (Oficial)
                                   - Francés (Oficial)
                                   - Alemán (Oficial)
3. Bulgaria
  • Fálase Búlgaro (Oficial)
4. Croacia


  • Fálase Croata (Oficial)
5.Chipre

  • Fálanse dous idiomas:  - Grego (Oficial)
                                         - Turco (Non oficial na UE, pero sí na illa)

6. Chequia (República Checa)

  • Fálase Checo (Oficial)
7. Dinamarca
  • Dinamarqués (Oficial)
8. Estonia
  • Estoniano (Oficial)
9. Finlandia

  • Fálanse dous idiomas: - Finlandés (Oficial)
                                        - Sueco (Oficial)

10. Francia

  • Fálase Francés (Oficial


A Biodiversidade en Europa: Un Tesouro Natural

Europa alberga unha impresionante diversidade de vida, con paisaxes que van desde os Alpes ata as costas do Mediterráneo. Esta riqueza natural é clave para o equilibrio dos ecosistemas, pero está en perigo









🌱 Que é a biodiversidade? 

A biodiversidade é a variedade de vida no planeta:

  • Especies animais 🦁  
  • Especies vexetais 🌸 
  • Ecosistemas completos 🌍  

Cada especie xoga un papel esencial no mantemento do equilibrio ecolóxico.


🏞️ Biodiversidade en Europa 

Europa alberga especies únicas como:

🐆 Lince ibérico (en perigo crítico de extinción) 







🐻 Oso pardo  









🦉 Urogallo 









Ademais, conta cunha gran diversidade de hábitats: bosques, montañas e costas, cada un cunha fauna e flora propias.


⚠️ Ameazas á biodiversidade 

A biodiversidade en Europa enfróntase a varias ameazas, como:  


Contaminación do aire e da auga:








Especies invasoras que alteran os ecosistemas:









miércoles, 23 de abril de 2025

A Bioloxía nos contos clásicos: "Blancanieves"

Realizamos as seguintes actividades: 
  •  Unha presentación en Canva sobre o conto de "Blancanieves".
  •  Xeramos a presentación como un vídeo con voz para o canle do colexio.
  • Realizamos unha infografía resumindo un pouco os animais do conto. 
  •  Imprimimos todo o traballo e fixemos un mural no corredor do colexio. 
  • Contámoslles os escolares de infantil o conto de forma animada e entretida.
  •  A intención é profundizar e ensinar os nenos a comparación, diferencia e importancia dos animais na Natureza.


 

martes, 22 de abril de 2025

A bioloxía nos contos clásicos : "Bambi"

Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

A proposta foi: "A bioloxía nos contos clásicos"

“Bambi” 

Realizamos (Aroa,Claudia,Hasley e Malak) as seguintes actividades:

1.Unha presentación en Canva sobre o conto de "Bambi".
2.Xeramos a presentación como un vídeo con voz para o canle do colexio.
3.Realizamos unha infografía resumindo un pouco os animais do conto. 

4. Imprimimos todo o traballo e fixemos un mural no pasillo do colexio.  

5.Contámoslles os nenos de infantil o conto de forma animada e entretida.

A intención era profundizar e ensinar os nenos a comparación, diferencia e importancia dos animais na bioloxía.





"Bambi".




A bioloxía nos contos clásicos: "Caperucita roja"

Con motivo da celebración do XII Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

 A proposta foi: “A bioloxía nos contos clásicos”  "Caperucita Vermella". Logo, os estudantes investigan as especies reais detrás destas historias e elaboran un mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. Produto final: mural para expoñer no Colexio e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

 








martes, 25 de febrero de 2025

A bioloxía nos contos clásicos!

Con motivo da celebración do vindeiro XII Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

 A proposta foi: “A bioloxía nos contos clásicos” Actividade: analizar criaturas e seres vivos que aparecen en contos ou mitos (por exemplo, os lobos en "Caperucita Vermella" ou as árbores en "O Señor dos Aneis"). Logo, os estudantes investigan as especies reais detrás destas historias e elaboran un mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. Produto final: mural para expoñer no Colexio e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

 Contos escollidos: BLANCANIEVES ( paxariños?
, coellos?) CAPERUCITA (lobo) BAMBI (cervos)

1ª ACTIVIDADE asíncrona: Presentación empregando Canva para contar o conto con imáxenes e pouco texto e engadir ficha biolóxica do animal a coñecer ( cas voces dos autores converter a presentación en vídeo) 
2ª ACTIVIDADE asíncrona: Elaboración mural
3ª ACTIVIDADE síncrona: Exposición alumnado infantil