martes, 21 de febrero de 2023

A selección natural

Ola! Comparto unha actividade sobre a teoría da selección natural de Charles Darwin. 

A actividade consiste en responder a unhas preguntas tras ver o vídeo.


jueves, 16 de febrero de 2023

Repasa o medio ambiente!

 Ola compañeiros! Hoxe comparto convosco unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar o tema 5. Espero que vos guste!


domingo, 12 de febrero de 2023

O medio ambiente

Ola a todos, a continuación comparto unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar sobre o medio ambiente mediante un test.

Hai que elexir a resposta correcta entre algunhas opcións.

martes, 20 de diciembre de 2022

Os fósiles e as medidas do tempo xeolóxico.

Ola! Comparto unha actividade relacionada cos fósiles e as medidas do tempo xeolóxico.

A actividade consiste en rellenar os ocos coas palabras correspondentes. 


lunes, 19 de diciembre de 2022

Repasando e xogando!

 Ola! Hoxe comparto unha actividade de educaplay que consiste nunhas preguntas tipo test sobre os temas 2,3 e 4 de Bioloxia.

Espero que os guste.

Os biomas e como diferencialos dos ecosistemas!

Que son os biomas? 
Esa unidade (zona ou rexión) que divide a biosfera, onde existe unha relación de factores xeolóxicos e climáticos que determinarán en gran medida o tipo de fauna e vexetación. 
 Como definición xenérica dun xeito máis claro poderiamos dicir que é unha determinada parte do planeta a que comparte clima, flora e fauna. O bioma caracterízase fundamentalmente polo clima existente, en particular, polas precipitacións e a temperatura. Ademais, distínguense polo aspecto das súas comunidades (seres vivos - organismos) e polo tipo de vexetación onde cada unha presenta unhas características específicas. O factor que define o tipo de bioma é o clima (precipitación e temperatura) Como aclaración, nalgúns casos, o termo bioma adoita confundirse con outros conceptos como os principais tipos de hábitats, ecozonas ou ecosistemas: As ecozonas.

 O reino bioxeográfico ou ecozona é unha extensión da superficie do planeta onde os seres vivos como animais e plantas creceron e desenvolvéronse illados dentro dunha gran rexión específica, principalmente debido a barreiras naturais como áreas montañosas, océanos, grandes lagos ou desertos... etc. É a división a maior escala da superficie terrestre baseada en aspectos da evolución xeolóxica e dos patróns de distribución en animais e plantas. 
Hábitats. Son zonas habitadas por unha determinada especie de planta ou animal. ecosistemas. A diferenza entre ecosistemas e bioma, aínda que teñen unha relación, en realidade o bioma é un conxunto de ecosistemas no que todos os seres vivos que habitan unha determinada rexión están estreitamente relacionados co seu medio e entre si. 
E o ecosistema é a interacción entre factores bióticos e factores abióticos, é dicir, estuda a relación dos seres vivos co medio físico.

 







A isostase

  A isostase defende os movementos das montañas na vertical.

Según esta teoría cada montaña  ten unha raíz de material menos denso que a montaña, e esta raíz de material menos denso esta a súa vez, rodeada de material muy denso polo tanto separase polo nivel de compensación. A este equilibrio de flotación conoceselle como isostase.

Un aumento de peso sobre a litosfera pode provocar que se afunda, a este fenómeno chamasmolle subsidencia.


Ao contrario, a erosión ou desxeo en caso de glaciar, reducen o peso polo tanto provoca a elevación da montaña sobre a vertical.

Hai dúas hipoteses:

Na hipotese de Airy afirmase que o grosor dos bloques de densidade na corteza varía e polo tanto as partes mais grosas ascenden.

Na hipótese de Pratt contase con que os bloques varían principalmente en densidad e que as zonas menos densas levantanse sobre as mais densas.