miércoles, 3 de febrero de 2016

Evolución urbana de Ourense do século XVI ó XX!


 Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX!
 O día 01 de febreiro, os alumnos de 4ºESO, tivemos a oportunidade de visitar a sala de exposición Afundación de Ourense, na que nos ensinaban a evolución urbana da nosa cidade, dende o século XVI ao século XX. 


Esto permitiunos achegarnos aos oríxenes da nosa cidade e a súa historia.


Nesta exposición puidemos percibir dende as primeiras rúas, edificios e outros monumentos, e comparalos a cómo se atopan hoxe en día. 
A piques de rematar a exposición, a guía proxectounos un vídeo no cal ía explicando os cambios que se produciron na cidade, século por século, pasando de ser unha pequena cidade a unha gran cidade a como é na actualidade.
Por último, tivemos que debuxar por equipos como imaxinábamos cada grupo como era un plano de Ourense actual.


1 comentario:

  1. É impresionante a forma na que cambiou Ourense nos últimos séculos e cómo se manteñen algúns monumentos.

    ResponderEliminar