martes, 16 de febrero de 2016

Localizan formacións volcánicas inéditas do Parque Natural da Garrotxa


No Parque Natural da Garrotxa en Girona atopamos as estructuras xeolóxicas volcánicas máis relevantes da Península Ibérica.
Os responsables do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa presentaron unhas formacións inéditas ata agora nesta comarca que se localizan nunhas coadas de lava que se atopan no municipio de Sant Joan lles Fonts.
A superficie que ocupa o achado é dunhas cinco hectáreas, cualificadas como Afloramientos de Interese Xeolóxico do Plan especial da Zona Volcánica da Garrotxa.
As novas formacións pertencen a unha coada de lava depositada neste lugar hai 150.000 anos que se atopa entre outras dúas de 700.000 e 130.000 anos de antigüidade, respectivamente.
A achega é presentada o 5 de febreiro deste 2016  nos medios de comunicación, coñécese como blister e consiste en antigos túneles de lava que a coada creou ao fluír por esta zona e que, agora, están recheos de basalto ou restos de sedimento.

A excesiva presión da gran cantidade de lava que circulou por este lugar provocou unha deformación ou blister no teito dos túneles que xerou pequenos túmulos.
A erosión do río Fluvià na coada deixou ao descuberto estas formacións únicas en toda a zona volcánica da Garrotxa e, agora, o Concello e o Parque Natural colaborarán nos labores de mellora e adecuación deste espazo para permitir a observación do achado.
Ata agora, os traballos consistiron na limpeza das rochas, a mellora do miradoiro e a adecuación dun lugar que acolla ao público, así como dos accesos.



2 comentarios: