jueves, 24 de noviembre de 2016

Visita do Presidente da Deputación a nosa aula!

O Patrimonio Natural  é o lema nesta 4ª Semana Escolar da provincia organizada pola Deputación de Ourense.

Os alumnos e alumnas do Colexio Padre Feijoo traballamos dende 6º de primaria a cuarto da ESO os libros facilitados a cada un de nós e as guías didácticas ao profesorado, para documentarnos sobre a riqueza natural da nosa fermosa provincia e poder planificar actividades.
A través das diferentes materias traballamos temas distintos, que plasmamos en murais para expór ao resto da comunidade educativa, no hall e corredores do colexio.

O mércores 23 de novembro tivemos a sorte de poder amosar aos medios de comunicación e ao Presidente da Deputación os nosos murais na aula!

Ademáis poidemos facerlle unha breve entrevista na aula para o canal de podcast de Ciencia Activa:
Que é a Ourensanía?
Que aspectos destacaría da nosa provincia?
Cal é o obxectivo de propór actividades a escolares coma nós?
(Disculpámonos polos fallos do audio, debidos aos nervios que provocaron que moveramos o teléfono!)




Agradecemos especialmente o interese de D. José Manuel Baltar polo noso blog "Ciencia Activa, ESO é!", ao que accedeu moi amablemente lendo co seu teléfono o código QR presente nun dos nosos murais, co que se ve a entrada realizada sobre a investigación de especies en perigo de extinción.

Moitas grazas a D. J. Manuel Baltar pola súa amabilidade!



  


No hay comentarios:

Publicar un comentario