miércoles, 16 de noviembre de 2016

Videoconferencia: "O monte é a nosa vida"

O martes 15 de novembro ás 12 horas os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO poidemos seguir unha charla divulgativa sobre a importancia dos bosques. Conectamos on- line en directo co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
A videoconferencia organizada por Confemaderas de Galicia, centrouse en resaltar os valores medioambientais, sociais e económicos dos nosos bosques.

Confemaderas de Galicia

Resultounos moi interesante, e o que máis nos gustou foi o feito de formular cuestións a través do chat!
Algunhas das nosas preguntas foron:

Cales son os principais efectos da deforestación?

Que importancia teñen as árbores autóctonas no monte galego?

Como é posible que o subsolo arda?




Conectados dende a nosa aula os alumnos de 4º ESO A

Os alumnos de 3º ESO a e B en directo co CESGA


A prensa local tamén se fixo eco da nosa participación na videoconferencia!




Confemaderas de Galicia promove a organización dun concurso de traballos, de distinto tipo, dentro de programa "O monte é a nosa vida". 


BASES DO CONCURSO

No hay comentarios:

Publicar un comentario