jueves, 2 de noviembre de 2017

Nobel de Química

  O premio Nobel de Química deste ano, foi outorgado a tres científicos estadounidenses: Joachim Frank, Richard Henderson e Jacques Dubochet; estes foron os creadores da críomicroscopia electrónica, ou como dixo o Secretario Xeral da A academia Nobel, Göran Hamsson,  ´´un método entretido para ver as móleculas.´´ 


OS TRES PREMIADOS.

  Dito método, resolve o problema de non poder observar móleculas biolóxicas no seu entorno natural e sen empregar tintes.
  Consiste en conxelar a mostra cun gas como o nitróxeno líquido ou o propano, con moito coidado de que non se formen cristais de xeo. Jacques Dubochet foi o pai deste proceso que se coñece como vitrificación e que é unha técnica de conxelamiento ultra-rápido que permitía ver con nítidade as moleculas a través do microscopio.
  Richard Henderson, o segundo premiado, foi un pioneiro dende os anos 70, no desenvolvemento de detectores directos de electróns, que permitían observar por primeira vez estas partículas. Pero, o considerado creador da técnica, é Joachim Frank, xa que empregou extensivamente esta técnica para desvelar bacterias e células eucariotas.  


Aquí, tedes un video da entrega do premio Nobel de Química:


No hay comentarios:

Publicar un comentario