jueves, 4 de octubre de 2018

Nobel de Medicina 2018: "A inmunoterapia contra o cancro"


Fuente: GCIENCIA


Podemos enganar ao cancro? 

Grazas aos científicos James P. Allison (Estados Unidos) e Tasuku Honjo (Xapón), gañadores do premio Nobel de Medicina 2018, estamos máis preto de conseguilo. 

Allison e Honjo realizaron importantes avances para conseguir que o sistema inmunitario do organismo poida atacar e destruír ás células tumorais.


O investigador estadounidense, Allison, estudou en profundidade unha proteína que actúa como freo no sistema inmune, e caeu na conta de que, ao suprimir este freo, as defensas do organismo humano poden atacar aos tumores. Así, Allison e Honjo demostraron como, con estratexias distintas, é posible inhibir o ‘engano‘ que o cancro produce no sistema inmune para que non neutralice o avance das células tumorais. Uns achados que van ser esenciais na futura loita contra esta doenza.

(Fonte: Información obtida de GCiencia)

Neste vídeo podemos ver e escoitar a esencia deste Nobel de Medicina e a explicación desde a Academia sueca que o outorga:



Opinión:
Como autora deste post paréceme unha excelente nova que se recoñeza o traballo destes investigadores na loita contra o cancro que cada día a humanidade combate con máis forza!

No hay comentarios:

Publicar un comentario