viernes, 16 de diciembre de 2022

As relacións bióticas

As relacións bióticas son as interaccións que se producen nos organismos da biocenose. Poden ser de dous tipos: Intraespecíficas e Interespecíficas.

Tipos de relacións intraespecíficas:

Son as que se establecen entre individuos da mesma especie.

Relacións de competencia: Prodúcese cando dous ou máis individuos compiten por un determinado recurso, como o espazo, a comida, a parella para reproducirse... etc.



Relacións de cooperación: A súa finalidade é a protección das crías, a obtención de alimentos, a obtención de alimentos ou a defensa. Distínguense catro tipos de relacións de cooperación.

Familiares: Establécense entre os proxenitores e a súa descendencia. Por exemplo: Leóns 




Sociais: Constituídas por grupos de individuos independentes e xerarquizados entre si. Por exemplo: Formigas.



Coloniais: Créanse entre individuos que se manteñen unidos e que proveñen dun proxenitor común. Por exemplo: Medusas.



Gregarias: Eatablécese entre individuos para axudarse na procura de alimento, a defensa, reproducirse ou emigrar. Por exemplo: Bancos de peixes.



Tipos de relacións interespecíficas:

Son as que se establecen entre organismos de ditinta especie

Competencia: Tamén existe competencia entre especies distintas polo alimento ou lugar onde reproducirse.



Depredación: Un individuo, o depredador, aliméntase doutro denominado presa.
Por exemplo: lobos e e ovellas.





Mutualismo: Dous ou máis individuos asócianse de forma non permanente nin obrigatoria, para ter un beneficio mutuo. Por exemplo: As aves que se alimentan dos parasitos dos bóvidos. Cando a relación entre especies é tan beneficiosa que non poden poden vivr sen a outra, fálase de simbiose como sucede cos liques, resultado da asociación entre un fungo e unha alga.


Inquilinismo: O inquilino encontra acubillo nalgunha estructura doutro organismo ao que non prexudica nin beneficia. O inquilino resulta beneficiado e ao hospedeiro resúltalle indiferente. Moitas aves establecen esta relación coa árbore en que habitan.

Parasitismo: O parasito, vive a expensas das substancias nutritivas doutro, o hospedeiro, ao que produce dano sen provocarlle a morte porque a súa supervivencia vai ligada á daquel.




 


A continuación ides a ver unha pequena actividade sobre este tema para divertirse mentras aprendes. Espero vos guste.








Fontes das imaxes: Wikipedia
Fonte da información: Libro de Bioloxía

No hay comentarios:

Publicar un comentario