martes, 21 de marzo de 2023

A organización celular dos seres vivos

 Os seres vivos estamos formados por células. Existen dous tipos de células: Procariota (célula das bacterias) e eucariota (animais, plantas, fungos e protozoos). As células eucariotas vexetais e animais teñen: 

Retículo endoplasmático poden levar ribosomas rugosos ou lisos. No primeiro realízase a síntese e transporte de proteínas, e no segundo, de lípidos.

Aparello de Golgi: Interven na modificación substancias sintetizadas polo retículo endoplasmático, na secreción de substancias ao exterior celular e na formación de moléculas.

Ribosomas: Neles realízase a síntese de proteínas.

Mitocondrias: Nelas prodúcese a respiración celular.

Citoesqueleto:Da forma á célula e permite a mobilidade no seu exterior.

Centrosoma: Formados por dúas exrtructuras cilíndricas denominadas centríolos.

Lisosomas: Participan na degración de substancias, partículas ou orgánulos inxeridos pola célula ou procedentes do interior .

Vacuolos:  No seu interior almacénanse auga, substancias de refugallo... etc.

Célula eucariota vexetal:




As células vexetais teñen parede celular que a súa función e dar forma e rixidez á célula e impedir a súa rotura.

vacuolos: No seu interior almacénanse auga, substancias de refugallo.
cloroplastos: Realizan a fotosínteses.


Célula eucariota animal:






A célula animal ten cilios e flaxelos que permiten o movento da célula.



célula procariota:

Son as bacterias. Estan formadas por:

Ribosomas: Orgánulos onde se produce a síntese de proteínas.
Nucleoide: Rexión onde se encontra o material xenético.

Pili: Cumpren diversas funcións como fixar a célula a un substrato ou intercambiar moléculas ou información xenética co exterior ou outras células.

Flaxelo: Permite o movemento dalgunhas bacterias.

Parede celular: Envoltura ríxida e forte que da forma á célula.

Cápsula: Capa ríxida e grosa que envolve dterminadas bacterias. Permite adherirse e protexerse.

Ribosomas: Orgánulos onde se produce a síntese de proteínas.





A continuación deixobos unha actividade para poder por en práctica o aprendido.





No hay comentarios:

Publicar un comentario