viernes, 24 de marzo de 2023

A organización celular

Ola! Comparto unha actividade sobre a organización celular na que hai que relacionar as palabras formando grupos.


miércoles, 22 de marzo de 2023

A célula

Ola! comparto convosco unha divertida actividade interativa de educaplay para repasar o tema 6 de cara o exame. Espero que vos guste!

 

martes, 21 de marzo de 2023

A organización celular dos seres vivos

 Os seres vivos estamos formados por células. Existen dous tipos de células: Procariota (célula das bacterias) e eucariota (animais, plantas, fungos e protozoos). As células eucariotas vexetais e animais teñen: 

Retículo endoplasmático poden levar ribosomas rugosos ou lisos. No primeiro realízase a síntese e transporte de proteínas, e no segundo, de lípidos.

Aparello de Golgi: Interven na modificación substancias sintetizadas polo retículo endoplasmático, na secreción de substancias ao exterior celular e na formación de moléculas.

Ribosomas: Neles realízase a síntese de proteínas.

Mitocondrias: Nelas prodúcese a respiración celular.

Citoesqueleto:Da forma á célula e permite a mobilidade no seu exterior.

Centrosoma: Formados por dúas exrtructuras cilíndricas denominadas centríolos.

Lisosomas: Participan na degración de substancias, partículas ou orgánulos inxeridos pola célula ou procedentes do interior .

Vacuolos:  No seu interior almacénanse auga, substancias de refugallo... etc.

Célula eucariota vexetal:




As células vexetais teñen parede celular que a súa función e dar forma e rixidez á célula e impedir a súa rotura.

vacuolos: No seu interior almacénanse auga, substancias de refugallo.
cloroplastos: Realizan a fotosínteses.


Célula eucariota animal:






A célula animal ten cilios e flaxelos que permiten o movento da célula.



célula procariota:

Son as bacterias. Estan formadas por:

Ribosomas: Orgánulos onde se produce a síntese de proteínas.
Nucleoide: Rexión onde se encontra o material xenético.

Pili: Cumpren diversas funcións como fixar a célula a un substrato ou intercambiar moléculas ou información xenética co exterior ou outras células.

Flaxelo: Permite o movemento dalgunhas bacterias.

Parede celular: Envoltura ríxida e forte que da forma á célula.

Cápsula: Capa ríxida e grosa que envolve dterminadas bacterias. Permite adherirse e protexerse.

Ribosomas: Orgánulos onde se produce a síntese de proteínas.





A continuación deixobos unha actividade para poder por en práctica o aprendido.





domingo, 19 de marzo de 2023

Que e o ADN?

O ADN, ou ácido desoxirribonucleico, é o material que contén a información hereditaria nos humanos e case todos os demais organismos. Todas as células do corpo dunha persoa teñen o mesmo ADN. A maior parte do ADN atópase no núcleo celular (ou ADN nuclear), pero tamén se pode atopar unha pequena cantidade de ADN nas mitocondrias (ADN mitocondrial ou ADNmt). As mitocondrias son estruturas dentro das células que converten a enerxía dos alimentos para que as células póidana utilizar.



                                                                   Creditos 


A información no ADN almacénase como un código composto por catro basees químicas, adenina (A), guanina (G), citosina (C) e timina (T). O ADN humano consta dun 3 mil millóns de bases, e máis do 99 por cento desas bases son iguais en todas as persoas. A orde ou secuencia destas bases determina a información dispoñible para construír e manter un organismo, similar á forma en que as letras do alfabeto aparecen nunha certa orde para formar palabras e oracións Unha propiedade importante do ADN é que pode replicarse ou facer copias de si mesmo. Cada hebra de ADN na dobre hélice pode servir como patrón para duplicar a secuencia de bases. Isto é fundamental cando as células divídense, porque cada nova célula necesita ter unha copia exacta do ADN presente na célula antiga.

El ADN é unha doble hélice formada por pares de bases unidos a un esqueleto de azúcar-fosfato


                                                                    Creditos



  • Par de bases (Base pairs)
  • Adenina (Adenine)
  • Timina (Thymine)
  • Guanina (Guanine)
  • Citosina (Cytosine)
  • Esqueleto de fosfato de azúcar (Sugar phosphate backbone)




martes, 21 de febrero de 2023

A selección natural

Ola! Comparto unha actividade sobre a teoría da selección natural de Charles Darwin. 

A actividade consiste en responder a unhas preguntas tras ver o vídeo.


jueves, 16 de febrero de 2023

Repasa o medio ambiente!

 Ola compañeiros! Hoxe comparto convosco unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar o tema 5. Espero que vos guste!


domingo, 12 de febrero de 2023

O medio ambiente

Ola a todos, a continuación comparto unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar sobre o medio ambiente mediante un test.

Hai que elexir a resposta correcta entre algunhas opcións.