sábado, 28 de noviembre de 2015

Fósil mamífero que conviviu cos dinosaurios!


Chamase Spinolestes e foi descuberto por un equipo de investigadores españois, é un fosil dun mamífero de fai 125 millóns de anos que se atopou no xacemento de las hoyas (Cuenca). Parecido a un roedor e co tamaño dun rato, debido a o seu bo estado puidose analizar ata o seu pelaxe.
Ningún tecido brando pasara dos 60 anos de consevación e este especime duplica a idade, o que deixa ver que non só os osos se conservan durante tanto tempo se están nunhas características óptimas.
O nome de Spinolestes ven dunhas pequeñas espiñas que tiña o roedor na parte posterior do corpo, ademáis a pel do lombo estaba recoberta dunhas pequeñas escamas.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Unha posible fonte de novos antibióticos e antitumorais: Nas bacterias da auga da choiva!


Un grupo multidisciplinar de investigadores da Universidade de Oviedo, en colaboración con especialistas do Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), do Hospital de Cabueñes e do Centro de Experimentación Pesqueira do Principado de Asturias xunto a científicos da Universidade de Tübingen (Alemaña) descubriron a presenza de bacterias (actinobacterias) cun forte potencial farmacolóxico, na auga de choiva. Especialmente das especies do xénero «Streptomyces».

Como explicou a investigadora Gloria Branco, a maioría dos antitumorais e antibióticos proveñen da natureza. De aí a relevancia desta nova fonte de illamento de bacterias ante o crecente número de patóxenos resistentes aos fármacos de uso clínico. Branco explicou que comezaron a traballar no illamento de bacterias do xénero «Streptomyces» en 2007 a través de líquenes terrestres, para pasar tres anos máis tarde a achalas en ecosistemas de algas nas praias de Gijón ou en medios mariños máis profundos como o Canón de Avilés, a profundidades abisais de 4.700 metros. Posteriormente comezaron a illar as primeiras actinobacterias nas choivas, na saraiba e na neve.

«Despois de ser descubertas durante o século pasado atoparonse en chans e logo asociadas a plantas ou seres vivos e a outros seres vivos como plantas e animais, e agora estámolas atopando na atmosfera», lembrou esta investigadora quen sostén que hai un certo renacemento académico nesta materia.

A presenza das actinobacterias na choiva ten un valor ecolóxico engadido, xa que «todo apunta a que a maioría destas bacterias proceden do océano» Nesta liña, este equipo multidisciplinar propuso un «ciclo ecolóxico», un modelo de diseminación deste tipo de bacterias por terra, mar e aire, seguindo o ciclo hidrolóxico do planeta.




Aerosois mariños

Para este grupo de científicos o punto crave da súa hipótese estaría na xeración dos aerosois mariños que forman as nubes e que, neste proceso, levan consigo bacterias que coas precipitacións serán posteriormente esparcidas polos continentes e océanos da Terra. Neste sentido, Branco apuntou que dalgunha forma as bacterías están presentes, e que «polo ciclo que propoñemos, esas microgotas de choiva serían un auténtico microcosmos».Estes traballos foron recentemente publicados na revista «Microbial Ecology».