martes, 21 de diciembre de 2021
Pasapalabra dos ecosistemas
miércoles, 15 de diciembre de 2021
Actividade de repaso sobre os ecosistemas.
Nesta entrada, adxúntolles unha actividade feita en educaplay para repasar os contidos dos ecosistemas (partes, ecotóns e biomas) como forma de estudar nun futuro.
ame>
martes, 9 de noviembre de 2021
As erupcións volcánicas continúan na Illa de Palma!
As coladas de lava arrasan a illa de La Palma!
A realidade na illa da Palma é que continúa a erupción volcánica con moita intensidade, as coladas de lava destrúen todo o seu paso, supondo un grave impacto social, económico e nos ecosistemas.
- As coladas de lava son verteduras de lava na superficie terrestre desde unha fractura, normalmente as coladas de lava descenden polas pendentes dos volcáns.
TIPOS:
- Coladas en bloque: producidas por lavas de tipo ácido
- Coladas Aa : producidas por lava de orixe basáltico
- Coladas encordadas: tamén formadas por lavas de orixe basáltico
- Coladas almofadas: formadas cuando la lava se solidifica (bibliografía)
lunes, 8 de noviembre de 2021
Como será a vida na Palma cando arrefríe a lava do volcán?
Autor da imaxe |
Tenerife, El Hierro, La Gomera e La Palma tremando!
A Palma rexistrou un terremoto de magnitude 4,8 durante a tarde deste martes, un dos máis intensos desde que comezou a erupción do volcán. O tremor produciuse en Fuencaliente a unha profundidade de 34 quilómetros, as persoas aseguraron sentir o tremor en varias partes de Tenerife, El Hierro e La Gomera.
Segundo os científicos os terremotos detectados a mais de 30 quilómetros da superficie podería significar que o volcán se esta alimentando de magma a esa profundidade.
Despois do tremor de 4,8 producíronse outros de menor magnitude e todos en Villa de Mazo, o maior chegou a unha magnitude 3,4. Destes, dous puideron ser sentidos pola poboación en nivel II e III na escala de intensidade
Déixovos aqui de onde saquei a información e unha foto do volcan da Palma.
Que pasa cando a lava crúzase coa auga na illa da Palma?
Dende o mes de setembro, a lava do volcán da illa da Palma, estivo en contacto coa auga, e as reaccións entre as dúas é unhas das cousas máis interesantes sucedidas a partir deste desastre.
O que ocorre cando o magma quente entra en contacto coa auga do mar é un arrefriamento paulatino do fluído quente, o que fai que a emisión dunha mestura de vapor e gases á superficie, acabe decantando e formando parte da propia terra.
O magma, ao entrar en contacto coa auga salgada, provoca unha reacción química que alimenta un fume intenso que libera á atmosfera partículas moi finas de ácido clorhídrico e vidro, que poden irritar a pel e os ollos ou mesmo provocar problemas respiratorios hábitat da zona de risco.
Na miña opinión, a situación na illa da Palma é unhas das peores que pode vivir unha sociedade e que afecta tanto física, psicolóxica e emocionalmente á poboación da illa; e que deberíase evacuar a esta canto antes para evitar máis pérdidas humanas.
Abaixo móstrase un vídeo deste fenómeno.
jueves, 7 de octubre de 2021
A lava segue medrando!
Os expertos atribuen a un aumento do caudal da lava ou a apertura ou cierre dun centro de emisión a elevación de 10 centímetros no chan detectada na estación de "Los Llanos", a mais cercana ao cono do volcán da Palma.
O chan medrou 10 centímetros nas últimas vintecatro horas nunha zona preto do cono do volcán da Palma.
Fuente |
Eu penso que a xente que vive alí debe andar moi preocupa, para min sería imposible dormir e convivir co volcan .
martes, 5 de octubre de 2021
Que pasará coa lava que chega ao mar da Palma?
lunes, 4 de octubre de 2021
O volcán en erupción na Palma. Cómo está afectando ao ecosistema?
O volcán da Palma segue activo!!
Expulsando lava, gases e cinzas, como podedes ver na fotografía.
Isto esta afectando gravemente aos ecosistemas e a vida do ser humano:
- Alteración no tráfico aéreo.
- Dana o ecosistema provocando incendios forestais.
- Destrución de terreos fértiles, bosques...Degradación de ecosistemas.
- Impacto social: desaparición de vivendas, perdas económicas, danos na saúde
- Contaminando da auga continental.
- Alteración no ecosistema mariño.
- Xenera custosas perdas materiais
- Produce gases nocivos, cinsas... que afectan aos pulmóns, á pel e aos ollos das persoas. Xera nerviosismo e moito medo nos habitantes da illa.
Déixovos unha ligazón a un pdf onde se explican os riscos das erupcións volcánicas aquí.
jueves, 17 de junio de 2021
As Teorías Evolutivas!
Déixovos uns videos aquí das teorías evolutivas para que podamos aprender xuntos!
Estes videos explican de maneira breve as diferezas entre a Teoría de Darwin e a Teoría de Lamarck e o Neodarwinismo.
martes, 1 de junio de 2021
Autovaliando o noso ciclo de aprendizaxe! Termalismo e saúde K3 ATS STEM
Avaliamos as ferramentas :
Autoavaliación opinan Harry, Rebeca, Alba, Giancarlo, Joaquín e Uxía :
lunes, 31 de mayo de 2021
Coñecemos as termas próximas ao colexio: As Burgas!
En relación co proxecto K3 ATS STEM que estamos a realizar, visitei As Burgas e fixen este breve TikTok no que ides poder visitalas conmigo e ver por exemplo a composición química das súas augas. Espero que vos guste!
viernes, 28 de mayo de 2021
A historia de Ourense é a historia termal
A cidade de Ourense nace a beira do ríos Miño e Barbaña e arredor dos manantiais de auga quente para o seu aproveitamento, coma a fonte das Burgas, punto neurálxico da vida dos ourensáns.
No seguinte enlace dende a materia de Xeografía e Historia traballamos e investigamos o seu aproveitamento ao longo da historia.
Podemos consultar este enlace en Wakelet: Termalismo e saúde: Colección da evolución histórica do termalismo ourensán.
Enmarcado dentro do proxecto Erasmus+ KA3 ATS STEM
A química da auga termal en Ourense
- Selenio é un elemento non metálico da familia dos calcóxenos de número 34.
- Atópase moi distribuído na codia terrestre en forma de seleniuros de elementos pesados en estado de oxidación.
- Combinado con elementos electronegativos, coma o Flúor, pode presentar tamén estados de oxidación +2, +4 ou +6.
- Arde no aire con chama azul formando dióxido de selenio. o seu composto máis importante H2Se , un gas incoloro e inflamable de olor desagradable e tóxico que disolto na auga ten carácter ácido.
lunes, 10 de mayo de 2021
O método científico e nós: Construimos unha depuradora xeolóxica?
Construimos unha depuradora xeolóxica?
Observamos un suceso:
As augas termais que rodean a nosa cidade podemos bebelas e sen embargo non son potabilizadas nen depuradas.
Pensamos e fixémonos interrogantes:
Por que non hai que depuralas?
A Natureza, o solo, as pedras por onde discurren terán algo que ver?
Plantexamos unha hipótese:
Será que as areas, gravas, pedras serven para que se adhiran as partículas en suspensión e por iso saen limpas ademáis de quentes.
Deseñamos un experimento:
- Construír un sinxelo ARTEFACTO para comprobar a nosa hipótese.
- Primeiro imos pasear a beira do río Miño preto dalgunhas termas e procedemos a recollida de sedimentos de diferente tamaño.
- Nunha botella de plástico introducimos de maior a menor diámetro as diferentes partículas rompemdo a base da botella.
- Recollemos mostras de augas de diferentes lugares, do río, das termas e auga sucia para comprobar se a nosa depuradora xeolóxica funciona.
martes, 30 de marzo de 2021
Termalismo e Saúde
Ainhoa Couceiro comparte a súa investigación na seguinte presentación en genial.ly
domingo, 21 de marzo de 2021
A auga no teu entorno: Termalismo e saúde”
jueves, 11 de marzo de 2021
APRENDEMOS XOGANDO
Aquí vos deixo un divertido rosco para seguir aprendendo sobre o termalismo. Sorte,espero que sexades capaces de completálo
Estamos traballando no ciclo de aprendizaxe, A auga no teu entorno: Termalismo e saúde. Con esta actividade realizamos unha coavaliación sobre esta unidade didáctica
miércoles, 10 de marzo de 2021
Beneficios das augas termáis para a saude
Algunhas augas termáis están ao aire libre.
As opcións son diversas. Ademáis a auga é morna, polo que podes usala incluso no inverno!
Dependendo da súa orixe, as augas terán un conxunto de minerais ou outros, polo que é conveniente probar diferentes lugares para obter o máximo beneficio das súas propiedades.
- Cando nos mergullamos nestas augas, que adoitan estar a unha temperatura elevada, os seus minerais entran en contacto coa nosa pel abrindo os poros e permitindolle que absorba todas as súas propiedades
- Un dos beneficios para a saúde das augas termáis é que axudan a liberar a tensión no corpo e relaxala.
- Estas augas tamén relaxan aquelas partes do corpo que poden experimentar algún tipo de inflamación.
- Hay moita xente que padece problemas de pel as augas termáis pode axudalos a mellorar o estado da pel.
- Además espanta o sono: cando estás somnolento, vota auga termal na cara, a frescura causada polo produto é tan eficiente como a cafeina, axudando a espertarte.
martes, 9 de marzo de 2021
Poñémoste a proba!
Alicia e Uxía realizamos un test xeral sobre o termalismo e a saúde, relacionado co proxecto Erasmus + K3 ATS STEM no que estamos participando para poñer a proba os nosos coñecementos sobre este tema.
Esperamos que vos guste! Moita sorte!
Visita á fonte termal das Burgas!
Aquí hai séculos que conviven a curación, o lecer e o culto; foi o lugar de encontro dos seus habitantes, a orixe das lendas, un marco literario e unha colección de postais interminables. Polo tanto, non é casual que Ourense sexa coñecida como a «Cidade das Burgas». Ademais, foi un centro de peregrinación na antigüidade e un dos santuarios indíxenas máis importantes da península.
O trazado actual das Burgas, declarado Ben de Interese Cultural en 2007, débese a un longo proceso de obras e reformas realizadas recentemente e que hoxe nos permiten gozar deste espazo na súa plenitude: un punto de encontro coa historia e o memoria de Ourense.
A continuación déixovos unha fotografía do cartel que informa sobre a composición química da auga da fonte das Burgas.
lunes, 8 de marzo de 2021
Beneficios das Augas Termais na Saúde
Estas augas minerais que nacen do chan son coñecidas en todo o mundo polas súas propiedades curativas, úsanse como tratamento terapéutico para varias enfermidades. Entre os seus diversos beneficios, segundo estudos, a súa temperatura axuda a matar xermes, incluídos virus, tamén axuda a disolver e eliminar as toxinas do corpo, aumenta a circulación sanguínea e a osixenación.
Tamén estimula o sistema inmunitario, aumenta o metabolismo, é beneficioso para a relaxación mental. E en canto á pel, é ideal para psoríase, dermatite, micose e ás veces axuda a curar feridas; sen esquecer que retardan o proceso de envellecemento.
En conclusión, as augas termais son beneficiosas para tratar enfermidades crónicas como:
•Enfermidades reumáticas
•Neuroparálise central e periférica
•Algunhas enfermidades metabólicas como a diabetes, a obesidade...
•Trastornos gastrointestinais
•Enfermidades respiratorias leves
•Problemas de circulación
•Enfermidades da pel
•Estrés
•Secuelas traumáticas
A pesar de todos estes beneficios, as augas termais poden ter contraindicacións, polo que é recomendable consultar co seu médico antes de usalas.
Sabendo todo isto e o preto que estamos, xa tes escusa para visitalos
Rosco do termalismo!
O termalismo en Ourense
miércoles, 3 de marzo de 2021
O termalismo en Ourense
Ourense capital termal !
A cidade de Ourense destaca polas súas augas : termas , ríos e manantiais. Destacaremos os principais manatiais termais na cidade entre eles atopamos.
1.As Burgas (Fonte) - Mananciais termais a 67ºC coñcidos desde tempos romanos son, pra moitos,o punto onde naceu a cidade.
Auga termal en Ourense
miércoles, 24 de febrero de 2021
A auga no teu entorno: Termalismo e saúde
Beneficios e precaucións das augas termais na saúde
- Benefíciaste dos seus minerais : Estas augas teñen unha alta concentración de minerais, que entran en contacto coa nosa pel, abrindo os poros e permitíndolle absorber todas as súas propiedades.
Existen varios tipos de augas segundo os elementos minerais que as compoñen e as propiedades que nos ofrecen, entre elas están as bicarbonatadas, as cloradas, as sulfatadas, as sulfuradas, as carbohidratadas, as ferruxinosas e as oligometálicas, todas presentes na provincia, agás as sulfatadas.
- Aceleran o teu metabolismo: Hai moita xente que padece un metabolismo lento. Isto fai que gañen quilos extras incluso comendo moi pouca comida e tendo dixestións pesadas.
As augas termais, como facer exercicio, permítenlle activar o metabolismo para resolver este problema. Non só o activa, senón que tamén o acelera, polo que funciona moito máis rápido.
- Son relaxantes: As augas termais tamén poden axudar a normalizar o funcionamento do sistema nervioso autónomo do corpo, xa que, grazas ao aumento da temperatura corporal, prodúcese a relaxación mental, a produción de endorfinas e a regulación das funcións glandulares.
- Axúdache se tes problemas de pel: Hai moita xente que padece problemas de pel como dermatite, psoriase e incluso algúns tipos de alerxias. Ir ás augas termais da provinvia pode axudalos a mellorar o estado da súa pel.
Ás veces, a nosa pel pode picar ou xerar certas molestias que nos incomodan. Grazas aos minerais das augas termais, a pel cura e rexenérase.
Deste xeito, a curación destes brotes acelérase e mellora o seu aspecto. Nestes casos concretos é necesario acudir a este tipo de auga con máis regularidade.
- Tratamentos de fisioterapia: son moi boas para procesos de rehabilitación entre eles algún problema na espalda e cadeira.
- Boas para calquera de afeccións respiratorias, alérxicas ou cutáneas.
- A exposición do sol tras o baño termal facilita o bronceado.
Precaucións coas augas termais
- Non te quedes na auga un tempo excesivo.
- No caso de ter presión arterial alta ou algún tipo de enfermidade cardíaca, aínda que teñamos tumores ou úlceras no estómago, será necesario que o noso médico nos dea a súa aprobación para usar este tipo de augas e como facelo correctamente.
- As persoas con hipotensión deben ter especial coidado: a presión excesivamente baixa que sofren estas persoas pode facer que se mareen e incluso se desmayen. Polo tanto, deben consultar co seu médico o tempo de exposición adecuado para eles.
martes, 23 de febrero de 2021
3,2, 1...Comezamos choiva de ideas!
martes, 9 de febrero de 2021
Localización do Wolframio e do Carbón
Hoxe imos a falar da localización do Wolframio e do Carbón. Para que sexa máis divertido e ameno, vamos a empregar un mural interactivo feito en Genial.ly
Podedes deixar comentarios para saber a vosa opinión ao respecto do traballo de búsqueda.
domingo, 7 de febrero de 2021
Usos do carbón e o wolframio dende primeiros do século XX
sábado, 6 de febrero de 2021
A evolución das emisións de CO2 co paso do tempo!
A continuación nestas gráficas imos poder observar a evolución dos niveis de emisións de CO2 e algunha das características que estes trouxeron.
Ademais, nesta tabla de datos imos ver a evolución que foi tendo o CO2 co paso dos anos.
viernes, 5 de febrero de 2021
Orixe e localización do carbón e o wolframio
O alumnado de 4º ESO académicas participa no pilotaxe Erasmus K3 ATS STEM e no ciclo de aprendizaxe: De que está feita a I Guerra Mundial? Dende a materia de bioloxía coma traballo transversal realizamos varias tarefas. Por exemplo Miguel Vidal e Bruno Ulloa realizamos unha labor de búsqueda de información sobre a orixe do carbón e o wolframio pola relación destes recursos naturais e a súa relevancia no século XX e duranta a I Guerra Mundial.