En relación co proxecto K3 ATS STEM que estamos a realizar, visitei As Burgas e fixen este breve TikTok no que ides poder visitalas conmigo e ver por exemplo a composición química das súas augas. Espero que vos guste!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjdBSauu2sGQKQq0qn5B8ROK4DJE-KnR6FSDauqBPHpLE0Espnp2c5eHrTv2GeSnu1IUHTB7UYYw7AVBdB6CnC5YjTcvfVppUUIiwS7JZyPocg_D1jBes4bXE4K1YOtcX7CTMynJhUTRUU/w182-h83/image.png)
A cidade de Ourense nace a beira do ríos Miño e Barbaña e arredor dos manantiais de auga quente para o seu aproveitamento, coma a fonte das Burgas, punto neurálxico da vida dos ourensáns.
Podemos consultar este enlace en Wakelet: Termalismo e saúde: Colección da evolución histórica do termalismo ourensán.
Enmarcado dentro do proxecto Erasmus+ KA3 ATS STEM
Observamos un suceso:
As augas termais que rodean a nosa cidade podemos bebelas e sen embargo non son potabilizadas nen depuradas.
Pensamos e fixémonos interrogantes:
Por que non hai que depuralas?
A Natureza, o solo, as pedras por onde discurren terán algo que ver?
Plantexamos unha hipótese:
Será que as areas, gravas, pedras serven para que se adhiran as partículas en suspensión e por iso saen limpas ademáis de quentes.
Deseñamos un experimento: