martes, 9 de noviembre de 2021

As erupcións volcánicas continúan na Illa de Palma!

As erupcións volcánicas son unha manifestación da actividade interna da Terra.
O noso planeta no seu interior non está durmido, existe unha gran cantidade de enerxía interna.
As principais manifestacións da dinámica interna da Terra son os seísmos, os volcáns e a Tectónica de Placas.
As erupcións volcánicas son un impacto xeolóxico caracterizado pola emisión de lava (magma sen gases). Estas emisións poden ser diferentes dependendo da  composición química das rochas e da temperatura do magma.
Así teremos coladas de lava fluídas ou viscosas que invaden á superficie terrestre, a lava ven acompañada de gases volcánicos e cinsas. 
A realidade do volcán da illa de La Palma é moi activa! Dende o 19 de setembro continúa a actividade volcánica de día e de noite, acompañada de frecuentes seísmos.
Nova de actualidade consulta fai click



As coladas de lava arrasan a illa de La Palma!

 A realidade na illa da Palma é que continúa a erupción volcánica con moita intensidade, as coladas de lava destrúen todo o seu paso, supondo un grave impacto social, económico e nos ecosistemas.

  • As coladas de lava son verteduras de lava na superficie terrestre desde unha fractura, normalmente as coladas de lava descenden polas pendentes dos volcáns.


                                          fotografía  

TIPOS:

  • Coladas en bloque: producidas por lavas de tipo ácido
  •  Coladas Aa : producidas por lava de orixe basáltico 
  • Coladas encordadas: tamén formadas por lavas de orixe basáltico 
  • Coladas almofadas: formadas cuando la lava se solidifica (bibliografía)
Na miña opinión, a situación que viven na illa polas erupcións volcánicas é moi preocupante, coma todos sabemos, teríamos que desenvolver programas de axuda e reconstrucción para os afectados.

lunes, 8 de noviembre de 2021

Como será a vida na Palma cando arrefríe a lava do volcán?

 O volcán da Palma, que cumple este domingo 26 de setembro, unha semana dende a súa erupción, incrementou a súa actividade explosiva e xerou novos centros de emisión ao longo da fisura. Mentres unhas 6.000 persoas foron evacuadas dos seus fogares ante o avance da lava ao mar.

Atopas a noticia aquí 


Autor da imaxe 

A situación pasará, pero persistirán as consecuencias para moitas familias que non poderán volver á vida que tiñan.


Tenerife, El Hierro, La Gomera e La Palma tremando!

 A Palma rexistrou un terremoto de magnitude 4,8 durante a tarde deste martes, un dos máis intensos desde que comezou a erupción do volcán. O tremor produciuse en Fuencaliente a unha profundidade de 34 quilómetros, as persoas aseguraron sentir o tremor en varias partes de Tenerife, El Hierro e La Gomera.

 Segundo os científicos os terremotos detectados a mais de 30 quilómetros da superficie podería significar que o volcán se esta alimentando de magma a esa profundidade.

Despois do tremor de 4,8 producíronse outros de menor magnitude e todos en Villa de Mazo, o maior chegou a unha magnitude 3,4. Destes, dous puideron ser sentidos pola poboación en nivel II e III na escala de intensidade

Déixovos aqui de onde saquei a información e unha foto do volcan da Palma.

Fonte


 


Que pasa cando a lava crúzase coa auga na illa da Palma?

 Dende o mes de setembro, a lava do volcán da illa da Palma, estivo en contacto coa auga, e as reaccións entre as dúas é unhas das cousas máis interesantes sucedidas a partir deste desastre.

  O que ocorre cando o magma quente entra en contacto coa auga do mar é un arrefriamento paulatino do fluído quente, o que fai que a emisión dunha mestura de vapor e gases á superficie, acabe decantando e formando parte da propia terra.

  O magma, ao entrar en contacto coa auga salgada, provoca unha reacción química que alimenta un fume intenso que libera á atmosfera partículas moi finas de ácido clorhídrico e vidro, que poden irritar a pel e os ollos ou mesmo provocar problemas respiratorios hábitat da zona de risco.

  Na miña opinión, a situación na illa da Palma é unhas das peores que pode vivir unha sociedade e que afecta tanto física, psicolóxica e emocionalmente á poboación da illa; e que deberíase evacuar a esta canto antes para evitar máis pérdidas humanas.

  Abaixo móstrase un vídeo deste fenómeno.

Fonte da información.