jueves, 26 de octubre de 2023
A Tectónica de Placas
miércoles, 25 de octubre de 2023
Aprende con un xogo da estrutura interna da Terra
ESTRUTURA INTERNA DA TERRA
martes, 24 de octubre de 2023
A estructura interna da Terra: O modelo Dinámico
A Litosfera
É a capa sólida superficial da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está constituída pola cortiza (continental e oceánica) e a parte máis superficial do manto superior.
Na zona máis superficial existe unha capa de comportamento ríxido dun espesor de 100 Km, chamada litosfera, a cal inclúe á cortiza e unha rexión chamada manto litosférico que forma parte do manto superior.
Entre 100 e 250 Km áchase unha zona de comportamento plástico, que corresponde coa canle de baixa velocidade. Esta zona considérase que está formada por materiais parcialmente fundidos. Recibe o nome de astenosfera, e nela orixínanse correntes de convección que determinan a dinámica.
Litosfera. Capa máis externa e ríxida. Inclúe toda a codia continental e oceánica e o manto superior ríxido.
Manto sublitosférico ou astenosfera. Parte do manto cunha temperatura próxima ao punto de fusión, pero encóntrase en estado sólido, aínda que moi plástico. Chega ata os 670 km.
• Manto inferior ou mesosfera. É unha capa de rochas que tamén se encontran en estado sólido, aínda que máis ríxida ca a parte superior do manto.
• Núcleo externo. É a única capa do interna terrestre que está fundida. Chega ata os 5150 km de profundidade.
• Núcleo interno. Encóntrase en estado sólido, aínda que cunha composición similar ao externo.
domingo, 22 de octubre de 2023
A estrutura interna da Terra
Xogo en EducaPlay para repasar a estrutura da interna da terra, contesta as preguntas cun sinxelo SI ou NON, é divertido!
Comproba o que sabes xogando!
jueves, 19 de octubre de 2023
Repasamos a Dinámica Interna da Terra e xogamos!
Hoxe repasaremos a estructura interna da Terra a través de esta actividade, é un xogo para completar ordenando as palabras na posición correcta.
Xoga e comproba o que sabes!
miércoles, 18 de octubre de 2023
Coñecendo as Placas Tectónicas os límites!
Xogo das placas tectónicas para repasar, só tes que ordear as palabras e conseguir a frase correcta, ánimo!
Xoga e aprende!
Actividade sobre a Deriva Continental
Achegamos unha actividade de reforzo a lección dada sobre Alfred Wegener. Divírtete xogando ca rá e repasa!