martes, 20 de diciembre de 2022

Os fósiles e as medidas do tempo xeolóxico.

Ola! Comparto unha actividade relacionada cos fósiles e as medidas do tempo xeolóxico.

A actividade consiste en rellenar os ocos coas palabras correspondentes. 


lunes, 19 de diciembre de 2022

Repasando e xogando!

 Ola! Hoxe comparto unha actividade de educaplay que consiste nunhas preguntas tipo test sobre os temas 2,3 e 4 de Bioloxia.

Espero que os guste.

Os biomas e como diferencialos dos ecosistemas!

Que son os biomas? 
Esa unidade (zona ou rexión) que divide a biosfera, onde existe unha relación de factores xeolóxicos e climáticos que determinarán en gran medida o tipo de fauna e vexetación. 
 Como definición xenérica dun xeito máis claro poderiamos dicir que é unha determinada parte do planeta a que comparte clima, flora e fauna. O bioma caracterízase fundamentalmente polo clima existente, en particular, polas precipitacións e a temperatura. Ademais, distínguense polo aspecto das súas comunidades (seres vivos - organismos) e polo tipo de vexetación onde cada unha presenta unhas características específicas. O factor que define o tipo de bioma é o clima (precipitación e temperatura) Como aclaración, nalgúns casos, o termo bioma adoita confundirse con outros conceptos como os principais tipos de hábitats, ecozonas ou ecosistemas: As ecozonas.

 O reino bioxeográfico ou ecozona é unha extensión da superficie do planeta onde os seres vivos como animais e plantas creceron e desenvolvéronse illados dentro dunha gran rexión específica, principalmente debido a barreiras naturais como áreas montañosas, océanos, grandes lagos ou desertos... etc. É a división a maior escala da superficie terrestre baseada en aspectos da evolución xeolóxica e dos patróns de distribución en animais e plantas. 
Hábitats. Son zonas habitadas por unha determinada especie de planta ou animal. ecosistemas. A diferenza entre ecosistemas e bioma, aínda que teñen unha relación, en realidade o bioma é un conxunto de ecosistemas no que todos os seres vivos que habitan unha determinada rexión están estreitamente relacionados co seu medio e entre si. 
E o ecosistema é a interacción entre factores bióticos e factores abióticos, é dicir, estuda a relación dos seres vivos co medio físico.

 







A isostase

  A isostase defende os movementos das montañas na vertical.

Según esta teoría cada montaña  ten unha raíz de material menos denso que a montaña, e esta raíz de material menos denso esta a súa vez, rodeada de material muy denso polo tanto separase polo nivel de compensación. A este equilibrio de flotación conoceselle como isostase.

Un aumento de peso sobre a litosfera pode provocar que se afunda, a este fenómeno chamasmolle subsidencia.


Ao contrario, a erosión ou desxeo en caso de glaciar, reducen o peso polo tanto provoca a elevación da montaña sobre a vertical.

Hai dúas hipoteses:

Na hipotese de Airy afirmase que o grosor dos bloques de densidade na corteza varía e polo tanto as partes mais grosas ascenden.

Na hipótese de Pratt contase con que os bloques varían principalmente en densidad e que as zonas menos densas levantanse sobre as mais densas. 

 



Estrategas do r e estrategas do K, descubre o que é!

Nesta entrada vamos falar das distintas estrategas de crecemento usadas polas especies de seres vivos.

Estas explicanse ca teoría do R/K acuñada por Robert MacArthur y E. O. Wilson.

A teoría explica a selección dun organismo buscando un equilibrio entre a cantidad de individuos e a calidad distes.

Dise que é un estratega da r cando un organismo obtén numerosos descendentes  nun periodo corto de tempo sacrificando así a coida dos descendentes

O mosquito é un estratega do r. Fonte:


Dise que é un estratega do K cando obtén un menor número de descendentes en xestacións mais largas pero acompañados ata a súa madurez sexual.

2017.02.03.11 - Bionatura
Golfiño ca súa cría, é un estratega do K. Fonte:

Aquí déixovos un vídeo para que podades entender o tema mellor.

                                                   



sábado, 17 de diciembre de 2022

Unha divertida actividade de repaso.

Ola a todos, aquí déixovos unha actividade moi divertida para repasar un pouco mais os temas 2,3 e 4, espero que vos guste. Teñen que pensar moito en cal serán as palabras aínda que se o estudaron seguro vos será máis fácil.

 

viernes, 16 de diciembre de 2022

As relacións bióticas

As relacións bióticas son as interaccións que se producen nos organismos da biocenose. Poden ser de dous tipos: Intraespecíficas e Interespecíficas.

Tipos de relacións intraespecíficas:

Son as que se establecen entre individuos da mesma especie.

Relacións de competencia: Prodúcese cando dous ou máis individuos compiten por un determinado recurso, como o espazo, a comida, a parella para reproducirse... etc.



Relacións de cooperación: A súa finalidade é a protección das crías, a obtención de alimentos, a obtención de alimentos ou a defensa. Distínguense catro tipos de relacións de cooperación.

Familiares: Establécense entre os proxenitores e a súa descendencia. Por exemplo: Leóns 




Sociais: Constituídas por grupos de individuos independentes e xerarquizados entre si. Por exemplo: Formigas.



Coloniais: Créanse entre individuos que se manteñen unidos e que proveñen dun proxenitor común. Por exemplo: Medusas.



Gregarias: Eatablécese entre individuos para axudarse na procura de alimento, a defensa, reproducirse ou emigrar. Por exemplo: Bancos de peixes.



Tipos de relacións interespecíficas:

Son as que se establecen entre organismos de ditinta especie

Competencia: Tamén existe competencia entre especies distintas polo alimento ou lugar onde reproducirse.



Depredación: Un individuo, o depredador, aliméntase doutro denominado presa.
Por exemplo: lobos e e ovellas.





Mutualismo: Dous ou máis individuos asócianse de forma non permanente nin obrigatoria, para ter un beneficio mutuo. Por exemplo: As aves que se alimentan dos parasitos dos bóvidos. Cando a relación entre especies é tan beneficiosa que non poden poden vivr sen a outra, fálase de simbiose como sucede cos liques, resultado da asociación entre un fungo e unha alga.


Inquilinismo: O inquilino encontra acubillo nalgunha estructura doutro organismo ao que non prexudica nin beneficia. O inquilino resulta beneficiado e ao hospedeiro resúltalle indiferente. Moitas aves establecen esta relación coa árbore en que habitan.

Parasitismo: O parasito, vive a expensas das substancias nutritivas doutro, o hospedeiro, ao que produce dano sen provocarlle a morte porque a súa supervivencia vai ligada á daquel.




 


A continuación ides a ver unha pequena actividade sobre este tema para divertirse mentras aprendes. Espero vos guste.








Fontes das imaxes: Wikipedia
Fonte da información: Libro de Bioloxía

domingo, 11 de diciembre de 2022

Que nos din os fósiles?

Un fósil é calquera resto dun organismo vivo, ou da súa actividade, que chegou ata nós conservado nas rochas. 

* Principais tipos de fósiles
Fósiles corporais: 
1) Partes duras do organismo, parcial ou totalmente mineralizados (cuncha, ósos, dentes, etc). 
2) Partes brandas, como, por exemplo, os mamuts de Siberia.


*Fósiles químicos:
Son substancias químicas de orixe orgánica que quedaron preservadas nos sedimentos.

*Modelos e pegadas: 
1) As partes brandas poden deixar moldes petrificados antes de desaparecer. 
2) As pegadas, icnitas, deixadas por un ser vivo ou pola súa actividade tamén poden fosilizar.

*Outros fósiles: 
Tamén fosilizan os ovos, incluso niños completos, e refugallos, como os coprólitos (feces).

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Actividade de repaso

Ola a todos, comparto unha nova e divertida actividade para poder repasar os contidos do exame. Ten dez preguntas e hai que escoller a opción correcta. voa práctica!  



Bioma

 Un bioma (dos grego «bios», vida), tamén chamado paisaxe bioclimático ou área biótica é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna. Un bioma é o conxunto de ecosistemas característicos dunha zona biogeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan. É a expresión das condicións ecolóxicas do lugar no plano rexional ou continental: o clima e o chan determinan as condicións ecolóxicas ás que responden as comunidades de plantas e animais do bioma en cuestión.


En función da latitude, a temperatura, as precipitacións e a altitude, en definitiva, e das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas de características semellantes; en cada unha desas zonas desenvólvese unha vexetación (fitocenosis) e unha fauna (zoocenosis) que cando están relacionadas, definen un bioma, que comprende as nocións de comunidade e a interacción entre chan, plantas e animais.


Hai diferentes sistemas para a clasificación de biomas, que en xeral adoitan dividir a terra en dous grandes grupos —biomas terrestres e biomas acuáticos-, cun número non demasiado grande de biomas. A escala planetaria, a selva, a sabana, a estepa, o bosque e a tundra son os grandes biomas que caracterizan a biósfera e que teñen unha repartición zonal, é dicir, que non superan certos valores latitudinales. A escala rexional ou continental, os biomas son difíciles de definir, en parte porque existen diferentes patróns e tamén porque as súas fronteiras adoitan ser difusas (véxase o concepto de ecotono).


Os biomas a miúdo son coñecidos polos seus nomes locais. Por exemplo, un bioma do herbal coñécese como pradería en América do Norte, sabana en África, estepa en Asia, pampa en Sudamérica e veld en Sudáfrica.


Os biomas terrestres son descritos pola ciencia da biogeografía. Por extensión, fálase de microbioma para designar a esfera da vida microbiana.



O concepto de bioma non debe confundirse con outros conceptos similares como o de ecozona , hábitat ou ecosistema.1​ As distintas ecorregiones do mundo agrúpanse tanto en biomas como en ecozonas.

Características

Os biomas son áreas definidas climática e xeograficamente, con similares condicións ecolóxicas, tales como as comunidades de plantas e animais,(que a miúdo se nomean como ecosistemas). Os biomas están definidos por factores tales como a estrutura das plantas (árbores, arbustos e herbas), os tipos de follas (folla ancha e folla acicular ou agullas), o espazado das plantas (pechado, aberto) e o clima. A diferenza das ecozonas, os biomas non están definidos por semellanzas xenéticas, taxonómicas ou históricas. Os biomas con frecuencia identifícanse con patróns particulares de sucesión ecolóxica e vexetación clímax (case-estado de equilibrio do ecosistema local). Un ecosistema ten moitos biótopos e un bioma é un tipo maior de hábitat. Un tipo principal de hábitats, con todo, é un compromiso xa que posúe unha falta de homoxeneidade intrínseca.

A biodiversidade característica de cada bioma, especialmente a diversidade da flora e fauna, está en función de factores abióticos que determinan a produtividade da biomasa da vexetación dominante. Nos biomas terrestres, a diversidade de especies tende a correlacionarse positivamente coa produción primaria neta, coa dispoñibilidade de humidade e coa temperatura.

domingo, 4 de diciembre de 2022

Eras do Eón Fanerozoico e Supereón Precambrico

 Ola a todos, a continuación comparto unha divertida actividade que fixen en educaplay para repasar sobre a xeoloxia historica mediante imaxes.

Hai que relacionar a imaxe coa seu definicion.