Mostrando entradas con la etiqueta FÓSILES DINOSAURIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FÓSILES DINOSAURIOS. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2018

Achada misteriosa criatura que convivía cos dinosaurios

Fai máis de 200 millóns de anos un mamífero que pesaba máis cunha ambulancia e medía uns 4,5 metros de longo e 2,6 de alto, conviviu cos dinosauros. Falamos de Lisowicia  bojani, unha xigantesca criatura máis grande ca un elefante que camiñou como os  hipopótamos ou rinocerontes e, a pesar do seu incrible tamaño, sobreviviu grazas ás plantas durante o Período  Triásico.

Lisowicia bojani, ancestro mas antiguo de los dinosaurios



Críase que estes animais desprazábanse polo chan en lugares como África, Asia e America do Norte e do Sur. Con todo, un novo descubrimento do especime fosilizado máis completo descuberto en Europa anula este "cadro establecido" na vida naqueles momentos da historia.

Os investigadores cren que Lisowicia bojani converteuse nun hervivoro especializado que se adaptou ás necesidades do seu entorno. Para empezar, varias características nas súas extremidades, suxiren que eran animais posturales, que se movían en posición vertical sobre catro patas para alcanzar os alimentos.


Case do tamaño dun elefante e cun peso estimado de 9.000 quilogramos, os expertos afirman que este aumento no tamaño corporal tamén podería ser impulsado pola necesidade de protexerse contra grandes depredadores ou como unha forma de maximizar a retención de alimentos e a ganancia de enerxía.

Pero esta evolución non sucedeu da noite para a mañá. O equipo cre que Lisowicia tardou ao redor de 20 millóns de anos en chegar a súa pantaguelica figura, cun aumento gradual do tamaño similar ao dos dinosauros e logo ás liñaxes dos mamíferos.


Como sinalan os autores, a investigación suxire que a historia destes animais xigantescos está probablemente "mal documentada" respecto ao que se cría anteriormente e que a escavación en Europa pon en cuestión certas crenzas sobre o animal e o seu rango xeográfico, o que abre o potencial para novas investigacións e unha maior comprensión destes xigantescos animais e o mundo no que viviron.


Referencia: T. Sulej el al., "An elephant-sized Late Triassic synapsid with erect limbs," Science(2018)  science.sciencemag.org/lookup/ … 1126/science.aal4853


Crédito imaxes: Tomasz Sulej and Grzegorz Niedzwiedzki / Karolina Suchan-Okulska




sábado, 28 de noviembre de 2015

Fósil mamífero que conviviu cos dinosaurios!


Chamase Spinolestes e foi descuberto por un equipo de investigadores españois, é un fosil dun mamífero de fai 125 millóns de anos que se atopou no xacemento de las hoyas (Cuenca). Parecido a un roedor e co tamaño dun rato, debido a o seu bo estado puidose analizar ata o seu pelaxe.
Ningún tecido brando pasara dos 60 anos de consevación e este especime duplica a idade, o que deixa ver que non só os osos se conservan durante tanto tempo se están nunhas características óptimas.
O nome de Spinolestes ven dunhas pequeñas espiñas que tiña o roedor na parte posterior do corpo, ademáis a pel do lombo estaba recoberta dunhas pequeñas escamas.