

A bióloga especialista en análises de augas, Dna. Mª Luz García Nocelo, impartiu unha charla sobre a calidade da auga e que parámetros se empregan para a súa analise. A primaira parte teórica foi na aula empregando unha presentación na PDI e despois de coñecer uns conceptos teóricos básicos sobre o instrumental empregado nas diferentes medicións en ríos e embalses da nosa provincia, os estudiantes de terceiro da ESO, foron ao laboratorio.

Outra das prácticas foi valorar a presencia de invertebrados e facer unha comparativa cos datos obtidos das distintas especies, cos valores de calidade de auga nunha tabla.
Unha actividade moi interesante e divertida, unha aprendizaxe activa!
![]() |
Mª Luz García ao remate do obradoiro co grupo de 3º ESOA |