martes, 21 de octubre de 2025

Impactos medioambientais en España


IMPACTOS MEDIOAMBIENTAIS

 - En 2025, Galicia experimentou a peor vaga de incendios forestais rexistrada, con máis de 143.000 hectáreas destruídas, o que representa o 43 % do total nacional, mentres que outra parte significativa arde en Castela e León.

- España está entre os países máis afectados por fenómenos meteorolóxicos extremos.

- Entre os eventos máis prexudiciais inclúense as ondas de calor, as inundacións, as tormentas e os incendios forestais.




O verán de 2025 foi devastador: máis de 380.000 hectáreas arderon en semanas, unha cifra oito veces superior á media histórica.

Explicación dos incendios en España


Aquí vos deixo algunhas novas sobre as secas e os incendios en España



lunes, 20 de octubre de 2025

10 Medidas de prevención de incendios en España

      MEDIDAS PREVENTIVAS DE INCENDIOS

  1. Non facer lume en zonas forestais durante a época de alto risco (normalmente do 1 de xullo ao 30 de setembro).

  2. Limpar as franxas de seguridade arredor das vivendas (mínimo de 50 metros libres de vexetación inflamable).

  3. Non queimar restos agrícolas ou forestais sen autorización previa da Xunta de Galicia.      

  4. Manter os camiños e accesos libres de obstáculos para facilitar o paso dos servizos de emerxencia.

  5. Evitar tirar cabichas ou mistos acesos ao chan, especialmente en zonas con vexetación seca.

  6. Ter a man extintores, mangueras ou outros medios de extinción nas vivendas rurais.

  7. Participar en campañas de concienciación e educación ambiental sobre o perigo dos incendios.

  8. Denunciar actividades sospeitosas ou lumes ao 085 (teléfono de emerxencias forestais en Galicia).

  9. Utilizar maquinaria agrícola ou forestal con precaución, evitando faenas en horas de máxima calor.

  10. Promover a xestión sostible do monte, evitando o abandono e fomentando a biodiversidade.                                                                                                                                                                                                                           VIDEO INFORMATIVO                                                

incendios forestales

 Incendios forestais

Os incendios forestais son incendios incontrolados e potencialmente destrutivos que afectan grandes áreas de vexetación, tanto rurais como urbanas. 


Incendios forestais en galicia

Durante o verán de 2025, a comarca viviu a súa tempada máis devastadora no que vai de século, con máis de 110.000 hectáreas queimadas. Entre os incendios máis graves e impactantes estiveron os das provincias de Ourense e Lugo.


incendios forestais en galicia



miércoles, 15 de octubre de 2025

Os incendios forestais: A destrución da nosa contorna!

 O alumnado de 3º ESO na materia de bioloxía e xeoloxía grava o seu primeiro podcast na aula de Polos creativos!

Reflexionamos en clases anteriores sobre as consecuencias e a prevención dos incendios forestais. Tendo en conta a dura realidade vivida nos montes e pobos galegos xa que o lume devastou gran parte da nosa provincia no pasado verán. 

Os estudiantes seguirán co proxecto de reflexión e divulgación de temas relacionados ca actualidade e o medioambiente, traballando distintas competencias.

No caso da competencia dixital adquirindo destrezas tic, manexando programas de gravación coma Audacity, canle de podcast en Ivoox ou Blogger para a publicación dos podcast.


martes, 17 de junio de 2025

Actividades de repaso do curso 3º ESO A con Educaplay

 O alumnado de 3º ESO A remata o curso cunha actividade na aula de informática para deseñar actividades interactivas e repasar xogando!



lunes, 2 de junio de 2025

Gastronomía Portuguesa

Bos días nos somos Malak,Claudia,María e imos ensinarvos comidas típicas de Portugal.

 Francesinha: 

Trátase dunha rebanada de pan torrada rechea de varios tipos de embutidos e carnes: xamón cocido, chipolata, mortadela, un bisté de tenreira ou porco. A continuación cóbrese con outra rebanada de pan torrado e rebandas de queixo, que logo se gratina e baña nunha salsa picante elaborada principalmente con cervexa e tomate; Nalgúns casos, engádese un ovo frito. Normalmente, o comensal adoita acompañar a francesinha con pata
cas fritas e unha cervexa.







Cosido à Portuguesa: 

Faise como calquera outro cocido na cociña e entre as verduras que se empregan: xudías, patacas , cenouras, grelos, repolos  e arroz. Entre os produtos cárnicos destacan o polo, o entrecosto de porco afumado, a orella de porco, etc. Entre os embutidos destacan os tradicionais farinheira, chouriço, morcilla, chouriço de sangue, etc. Todos eles teñen un profundo sabor afumado, sabor e aroma que os distingue doutros guisos da Península Ibérica. 


Bacalhau à Brás
:

Os ingredientes deste prato típico son o bacallau salgado (moi típico da cociña andaluza) que se desalga o día anterior e os ovos revoltos con pataca de palla. Cando se serve, adoita ir acompañado de perexil e olivas negras.













Pasteis de Nata: 

Os pasteis de Belém, tamén coñecidos como pasteis de nata son unha das especialidades máis características da cociña portuguesa Son tartaletas duns oito centímetros de diámetro, elaboradas con masa follada e crema de ovo.




Xogo da gatronomía de Portugal e España


Hoxe Madalena e Eva fixemos un xogo de adivinar a adivinanza sobre as comidas de España e Portugal.

Xogo Portugal sopa de letras

  

Hoxe os alumnos de 4º ESO A fixemos un xogo cos alumnos de portugal.

Diogo Curado e mais eu fixemos unha sopa de letras-


 

Monumentos de Ourense

Nós, David e Tomás fixemos unha actividade sobre os monumentos de Ourense.


Baile tipico de Portugal y España


Muñeira
 


La muñeira es un baile tradicional. También es popular en las regiones de Asturias y Castilla y León. La muñeira es muy parecido a la Jota y a veces le llama “Jota gallega”. Esta danza se baila en pareja y con los brazos en alto.

Danza tradicional portuguesa


La danza folklórica, danza folclórica o danza típica es un tipo de baile social, a menudo practicado en grupos, que forma parte del acervo o la tradición de una sociedad o una cultura. El término proviene de la voz inglesa folklore y significa “sabiduría popular”.




Entrada hecha por: Valentina Dacosta  y Telmo Raimundo


                                                             

Xogo Portugal Memoria


Hoxe Thiago e máis eu Aroa, Fixemos un xogo sobre memoria de Portugal.

viernes, 9 de mayo de 2025

O Día de Europa: Valores, Beneficios e o Papel Global da UE

Unidos na Diversidade 

O Día de Europa, celebrado o 9 de maio, é unha ocasión para reflexionar sobre os principios que sustentan a Unión Europea e o seu impacto global.

Valores da UE A UE baséase en valores fundamentais como a paz, a democracia e os dereitos humanos. Estes principios permitiron aos países europeos traballar xuntos en harmonía, promovendo a estabilidade e o respecto mutuo, tanto a nivel interno como nas súas relacións internacionais.

Beneficios para os Cidadáns Ser parte da UE trae beneficios tanxibles: liberdade de movemento, o programa Erasmus, políticas ambientais e unha maior cooperación económica entre os países membros. Estas vantaxes melloran a calidade de vida dos europeos e fomentan unha comunidade máis unida.

O Papel Global da UE A nivel mundial, a UE xoga un papel crucial na economía global, o cambio climático e o comercio xusto. Actuar como unha soa voz permítelle a Europa enfrontar desafíos globais con forza, defendendo os seus valores en todo o mundo. O Día de Europa lémbranos que o que nos une vai máis aló dos acordos políticos; é unha comunidade de valores, beneficios e un impacto positivo no mundo.









Que é o día de Europa

 O Día de Europa celebra a paz e a unidade no continente cada 9 de maio. A data conmemora o aniversario da Declaración Schuman, unha proposta histórica presentada en 1950 por Robert Schuman, ministro francés de Asuntos Exteriores, que sentou as bases da cooperación europea.    






Que é a Declaración Schuman?


A Declaración Schuman é o nome que recibe o discurso pronunciado polo francés Robert Schuman o 9 de maio de 1950, quen propuxo a creación dunha Europa unida co obxectivo de lograr a paz mundial.

A partir dese momento histórico, a Comisión Europea concibiu esta idea como unha realidade a través da cal nacería unha administración conxunta que beneficiaría a todos os países deste continente.




Como celebrar o Día de Europa?


Cada ano celébranse numerosos eventos e actividades para celebrar o Día de Europa, coa participación dos países que forman parte da Unión Europea. Podes consultar as distintas actividades previstas para 2025 na web da Unión Europea.



jueves, 8 de mayo de 2025

Unión Europea

 A Unión Europea: Máis ca un conxunto de países

Sabías que en Europa hai unha unión de países que comparten leis, moeda e obxectivos comúns? Chámase Unión Europea (UE), e non é só un bloque político ou económico: é un experimento único de cooperación internacional

 Que é a Unión Europea?

A UE é unha unión política e económica formada por 27 países que decidiron traballar xuntos para manter a paz, mellorar a economía e facerlle a vida máis doada á xente. Xurdiu despois da Segunda Guerra Mundial, coa idea de que cooperar é mellor que enfrontarse.


 Que fai por nós?

  • Libre circulación: Podes viaxar, vivir, estudar ou traballar en calquera país da UE sen necesidade de visado.

  • Unha moeda común: 20 países usan o euro (€), o que facilita as compras e os negocios.

  • Protección dos consumidores e do medio ambiente: A UE crea leis para coidar dos nosos dereitos e do planeta.

  • Axuda económica: Apoia as rexións menos desenvolvidas con fondos e proxectos.

 Por que é importante?

A UE demostra que, mesmo con culturas, linguas e tradicións diferentes, se pode traballar xuntos. Non sempre é perfecta, claro, pero os seus logros falan por si sós: paz duradeira, desenvolvemento económico e unha voz forte no mundo.

miércoles, 7 de mayo de 2025

Idiomas da Unión Europea

27 países da Unión Europea - 24 idiomas oficiais

1. Austria
  • Fálase o Alemán (Oficial) 
 2. Bélxica 


  • Fálanse 3 idiomas: - Neérlandés (flamengo) (Oficial)
                                   - Francés (Oficial)
                                   - Alemán (Oficial)
3. Bulgaria
  • Fálase Búlgaro (Oficial)
4. Croacia


  • Fálase Croata (Oficial)
5.Chipre

  • Fálanse dous idiomas:  - Grego (Oficial)
                                         - Turco (Non oficial na UE, pero sí na illa)

6. Chequia (República Checa)

  • Fálase Checo (Oficial)
7. Dinamarca
  • Dinamarqués (Oficial)
8. Estonia
  • Estoniano (Oficial)
9. Finlandia

  • Fálanse dous idiomas: - Finlandés (Oficial)
                                        - Sueco (Oficial)

10. Francia

  • Fálase Francés (Oficial


A Biodiversidade en Europa: Un Tesouro Natural

Europa alberga unha impresionante diversidade de vida, con paisaxes que van desde os Alpes ata as costas do Mediterráneo. Esta riqueza natural é clave para o equilibrio dos ecosistemas, pero está en perigo









🌱 Que é a biodiversidade? 

A biodiversidade é a variedade de vida no planeta:

  • Especies animais 🦁  
  • Especies vexetais 🌸 
  • Ecosistemas completos 🌍  

Cada especie xoga un papel esencial no mantemento do equilibrio ecolóxico.


🏞️ Biodiversidade en Europa 

Europa alberga especies únicas como:

🐆 Lince ibérico (en perigo crítico de extinción) 







🐻 Oso pardo  









🦉 Urogallo 









Ademais, conta cunha gran diversidade de hábitats: bosques, montañas e costas, cada un cunha fauna e flora propias.


⚠️ Ameazas á biodiversidade 

A biodiversidade en Europa enfróntase a varias ameazas, como:  


Contaminación do aire e da auga:








Especies invasoras que alteran os ecosistemas:









miércoles, 23 de abril de 2025

A Bioloxía nos contos clásicos: "Blancanieves"

Realizamos as seguintes actividades: 
  •  Unha presentación en Canva sobre o conto de "Blancanieves".
  •  Xeramos a presentación como un vídeo con voz para o canle do colexio.
  • Realizamos unha infografía resumindo un pouco os animais do conto. 
  •  Imprimimos todo o traballo e fixemos un mural no corredor do colexio. 
  • Contámoslles os escolares de infantil o conto de forma animada e entretida.
  •  A intención é profundizar e ensinar os nenos a comparación, diferencia e importancia dos animais na Natureza.


 

martes, 22 de abril de 2025

A bioloxía nos contos clásicos : "Bambi"

Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

A proposta foi: "A bioloxía nos contos clásicos"

“Bambi” 

Realizamos (Aroa,Claudia,Hasley e Malak) as seguintes actividades:

1.Unha presentación en Canva sobre o conto de "Bambi".
2.Xeramos a presentación como un vídeo con voz para o canle do colexio.
3.Realizamos unha infografía resumindo un pouco os animais do conto. 

4. Imprimimos todo o traballo e fixemos un mural no pasillo do colexio.  

5.Contámoslles os nenos de infantil o conto de forma animada e entretida.

A intención era profundizar e ensinar os nenos a comparación, diferencia e importancia dos animais na bioloxía.





"Bambi".




A bioloxía nos contos clásicos: "Caperucita roja"

Con motivo da celebración do XII Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

 A proposta foi: “A bioloxía nos contos clásicos”  "Caperucita Vermella". Logo, os estudantes investigan as especies reais detrás destas historias e elaboran un mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. Produto final: mural para expoñer no Colexio e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

 








martes, 25 de febrero de 2025

A bioloxía nos contos clásicos!

Con motivo da celebración do vindeiro XII Festival do Libro: "Un libro, a nosa casa" a proposta para a materia de bioloxía e xeoloxía é analizar os contos seleccionados e atopar animais que cobren vida nos escolares de infantil conseguindo ver mais alá dun debuxo ou un mito.

 A proposta foi: “A bioloxía nos contos clásicos” Actividade: analizar criaturas e seres vivos que aparecen en contos ou mitos (por exemplo, os lobos en "Caperucita Vermella" ou as árbores en "O Señor dos Aneis"). Logo, os estudantes investigan as especies reais detrás destas historias e elaboran un mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. Produto final: mural para expoñer no Colexio e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

 Contos escollidos: BLANCANIEVES ( paxariños?
, coellos?) CAPERUCITA (lobo) BAMBI (cervos)

1ª ACTIVIDADE asíncrona: Presentación empregando Canva para contar o conto con imáxenes e pouco texto e engadir ficha biolóxica do animal a coñecer ( cas voces dos autores converter a presentación en vídeo) 
2ª ACTIVIDADE asíncrona: Elaboración mural
3ª ACTIVIDADE síncrona: Exposición alumnado infantil

lunes, 10 de febrero de 2025

11 de Febreiro Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia

A finais do 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou declarar o 11 de febreiro como o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.
 As estatísticas seguen mostrando a necesidade de fomentar carreiras investigadoras en nenas e mozas a través da educación (con especial atención nas disciplinas STEM); ademais de evidenciar a maior dificultade na promoción a escalas superiores das mulleres que traballan en ciencia e innovación.
 A celebración deste día no colexio está dirixida a potenciar as vocacións científicas en nenas e a fomentar a igualdade de cara a estudios futuros e vocacións científicas.
A importancia de destacar o papel da muller na ciencia é potenciar o estudio de ciencia nas nenas, podemos vela no otraballo realizado pola alumna de 3º ESO Maimuna Khoule que comparte a súa visión da importancia de celebrar este día 11 de febreiro con este vídeo:



Con este outro vídeo editado pola alumna Eva Sandín de 4º da ESO e grazas a colaboración dnha mostra de alumnado de primaria vemos coma a mente das nenas e nenos está aberta as vocacións científicas dende o prisma da igualdade, e así o explican cos seus testimonios rebosantes de naturalidade, neste vídeo: 
Que queres ser de maior?


Grazas polos vosos traballos e Feliz Día da Muller e a Nena na Ciencia!

miércoles, 15 de enero de 2025

Que é un DANA e por que é tan devastador no Mediterráneo?

 A DANA (Depresión Aislada en Niveis Altos) é un fenómeno meteorolóxico que trae choivas e tormentas intensas, provocadas pola interacción entre o aire cálido do mar Mediterráneo e o aire frío das altas latitudes. 

Este fenómeno é especialmente frecuente no outono e inverno na zona mediterránea e devastador pola súa xeografía montañosa, a súa escasa urbanización e o cambio climático.

Medidas preventivas:

  • Vixilancia Meteorolóxica: Utilización de radares e satélites para seguir a súa evolución.
  • Alertas Tempranas: Sistemas de alerta para preparar a poboación.
  • Urbanismo: Melloras en drenaxe e zonas de inundación.
  • Educación: Sensibilización sobre riscos e medidas de seguridade.
  • Investigación: avances na predición para estar máis preparados.

Con estas medidas, podemos reducir o impacto das DANA e estar máis protexidos contra os seus efectos.