domingo, 7 de febrero de 2021

Usos do carbón e o wolframio dende primeiros do século XX

Investigando sobre os usos do carbón e do wolframio dende principios de séculos XX ata a actualidade e nesta presentación recollemos a esencia da nosas pesquisas. Grupo de traballo: Ibrahima, Rebeca, Marcos e Giancarlo.

sábado, 6 de febrero de 2021

A evolución das emisións de CO2 co paso do tempo!

 

 A continuación nestas gráficas imos poder observar a evolución dos niveis de emisións de CO2 e algunha das características que estes trouxeron.




Ademais, nesta tabla de datos imos ver a evolución que foi tendo o CO2 co paso dos anos.


 


A conclusión que sacamos disto os membros que participamos nesta investigación, Uxía, Alicia, Joaquín e Alba, é que é un problema que sempre estivo en mans de todos como poidemos ver nestas gráficas e nestas análises. 
Frear aínda que sea un pouco as emisións de CO2 é algo que deberíamos levar a cabo pensando e aplicando solucións a este problema. É a nosa responsabilidade lograr decrecer esta gráfica neste ano e nos vindeiros





viernes, 5 de febrero de 2021

Orixe e localización do carbón e o wolframio

O alumnado de 4º ESO académicas participa no pilotaxe Erasmus K3 ATS STEM e no ciclo de aprendizaxe: De que está feita a I Guerra Mundial? Dende a materia de bioloxía coma traballo transversal realizamos varias tarefas. Por exemplo Miguel Vidal e Bruno Ulloa realizamos unha labor de búsqueda de información sobre a orixe do carbón e o wolframio pola relación destes recursos naturais e a súa relevancia no século XX e duranta a I Guerra Mundial.




miércoles, 16 de diciembre de 2020

Sopa de letras para repasar o aparello respiratorio e dixestivo

 Deixovos esta actividade para repasar xogando


Se queredes facer outras actividades semellantes faino desde esta aplicación: Educaplay que recomenda Daniela Muñoz de 3º ESO A

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Só a ciencia nos rescatará da pandemia!!

  Con motivo da celebración da ciencia en galego poidemos participar nunha videoconferencia para 5000 estudiantes galegos e unha centena de colexios. a cientifica galega Sonia Villapol conectouse desde Houston con Galicia para falarnos dun tema de actualidade  o Covid-19 ou coronavirus,a súa orixe evolución da pandemia ,tratamentos e vacinas



Visita este vídeo e poderas ver a videoconferencia para saber mais sobre a actualidade da pandemia e as investigacións que se estan a realizar












martes, 24 de noviembre de 2020

Sopa de letras sobre ecosistemas

 Déixovos esta sopa de letras xa que estamos estudando nesta unidade os ecosistemas.

É unha forma máis divertida para repasar.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

O oso pardo volve a Ourense!

O oso pardo volve 180 anos despois á fronteira entre Ourense e Portugal

O 2 de decembro de 1843, nunha batida que tivo lugar na serra do Gêres, morreu o último oso pardo atopado en Portugal. Esta semana, o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) de Portugal e a Junta de Castilla y León confirmaron o regreso do úrsido na zona da Teixeira, no termo municipal de Hermisende (comarca de Seabra), e no parque natural de Montesinho, no concello de Bragança. Ambos municipios están na fronteira co concello ourensán da Mezquita.

A noticia, foi acollida con expectación entre os servizos de conservación da natureza. O exemplar localizado na comarca da Seabra trátase, probablemente, “dun oso dispersante e novo, e é razoable pensar de que procede de zonas con poboación máis densa, como o Alto Sil, o Bierzo ou León”.

En Castilla y León existe desde o ano 1990 un plan de recuperación da especie, considerada en perigo de extinción. En Galicia, onde o oso estivo a piques de desaparecer, a Xunta aínda non implementou o plan de conservación.