martes, 21 de diciembre de 2021
Pasapalabra dos ecosistemas
miércoles, 15 de diciembre de 2021
Actividade de repaso sobre os ecosistemas.
Nesta entrada, adxúntolles unha actividade feita en educaplay para repasar os contidos dos ecosistemas (partes, ecotóns e biomas) como forma de estudar nun futuro.
ame>
martes, 9 de noviembre de 2021
As erupcións volcánicas continúan na Illa de Palma!
As coladas de lava arrasan a illa de La Palma!
A realidade na illa da Palma é que continúa a erupción volcánica con moita intensidade, as coladas de lava destrúen todo o seu paso, supondo un grave impacto social, económico e nos ecosistemas.
- As coladas de lava son verteduras de lava na superficie terrestre desde unha fractura, normalmente as coladas de lava descenden polas pendentes dos volcáns.
TIPOS:
- Coladas en bloque: producidas por lavas de tipo ácido
- Coladas Aa : producidas por lava de orixe basáltico
- Coladas encordadas: tamén formadas por lavas de orixe basáltico
- Coladas almofadas: formadas cuando la lava se solidifica (bibliografía)
lunes, 8 de noviembre de 2021
Como será a vida na Palma cando arrefríe a lava do volcán?
![]() |
Autor da imaxe |
Tenerife, El Hierro, La Gomera e La Palma tremando!
A Palma rexistrou un terremoto de magnitude 4,8 durante a tarde deste martes, un dos máis intensos desde que comezou a erupción do volcán. O tremor produciuse en Fuencaliente a unha profundidade de 34 quilómetros, as persoas aseguraron sentir o tremor en varias partes de Tenerife, El Hierro e La Gomera.
Segundo os científicos os terremotos detectados a mais de 30 quilómetros da superficie podería significar que o volcán se esta alimentando de magma a esa profundidade.
Despois do tremor de 4,8 producíronse outros de menor magnitude e todos en Villa de Mazo, o maior chegou a unha magnitude 3,4. Destes, dous puideron ser sentidos pola poboación en nivel II e III na escala de intensidade
Déixovos aqui de onde saquei a información e unha foto do volcan da Palma.
Que pasa cando a lava crúzase coa auga na illa da Palma?
Dende o mes de setembro, a lava do volcán da illa da Palma, estivo en contacto coa auga, e as reaccións entre as dúas é unhas das cousas máis interesantes sucedidas a partir deste desastre.
O que ocorre cando o magma quente entra en contacto coa auga do mar é un arrefriamento paulatino do fluído quente, o que fai que a emisión dunha mestura de vapor e gases á superficie, acabe decantando e formando parte da propia terra.
O magma, ao entrar en contacto coa auga salgada, provoca unha reacción química que alimenta un fume intenso que libera á atmosfera partículas moi finas de ácido clorhídrico e vidro, que poden irritar a pel e os ollos ou mesmo provocar problemas respiratorios hábitat da zona de risco.
Na miña opinión, a situación na illa da Palma é unhas das peores que pode vivir unha sociedade e que afecta tanto física, psicolóxica e emocionalmente á poboación da illa; e que deberíase evacuar a esta canto antes para evitar máis pérdidas humanas.
Abaixo móstrase un vídeo deste fenómeno.


