jueves, 2 de junio de 2016

Participamos na II Semana da Ciencia do colexio!

No colexio Padre Feijoo- Zorelle adicamos esta semana a expór os traballos máis representativos de tódolos niveis educativos nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía. Os traballos dos alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO, é! tiveron moita presenza nesta semana da ciencia, resumimos a nosa participación:



Exposicións:
#ArtCienciaActiva con todos os traballos feitos durante o curso con chuches e plastilina, destacando un "Body Anatomy" grande cas principais partes do corpo en inglés e en galego. Proceso: Debuxar a silueta cos órganos, recortala e pegala nun taboeiro de 1,70 m, comezar a pegar chuches e plastilina, facer os carteis e plastificalos, colocalos no lugar correcto e indicar con frechas feitas con cintas de raso, facer letras de goma eva e incorporar nunha base para levar ao hall do colexio. 
Moito coidado de non podemos etiquetar con erros os órganos, somos responsables da aprendizaxe de outros escolares que van a ver os nosos traballo!
                                                                                


Charla- Obradoiro sobre a calidade das augas a cargo da bióloga experta en análises de augas, Mª Luz García Nocelo. 
Medimos pH, dureza e nitratos en distintas mostras de augas no laboratorio de química, ao rematar a primeira parte, a charla, que foi na aula onde explicou unha presentación sobre a calidade das augas e os análises que fan no entorno da nosa cidade, coma o estudio da augas do río Miño ao paso por Ourense ou as do embalse de Cachamuiña que abastece a cidade.
 Moi instructivo!

Proxecto: Novos profes- pequenos científicos, os alumnos de Ciencia Activa de ESO e Bac diseñamos prácticasde laboratorio para ne@s de 1º e 2º de primaria sobre densidades, cómo pipetear, hinchar un globo sen soplar, cómo un ovo pode encoller e entrar na botella...                                                             Educación entre iguais!



          

Videoconferencia coa Universidade de Hasselt en Bélxica coa doutora en física Patricia Losada que nos falou das aplicacións da física na medicina e respondeu a todas as nosas dúbidas e curiosidades sobre a investigación actual en España e o resto de Europa. Patricia tamén nos presentou a algúns becarios investigadores de diferentes países, a algúns ela lle diríxelle a tese 
Moi interesante e un bó exemplo para nós!  
Moitas grazas a Patricia Losada por outras colaboracións co noso proxecto coma no audio que nos explica as ondas gravitacionais! 
                                                                                                          


Conferencia sobre Informática e as aplicacións en medicina a cargo de Xosé Antón Vila Sobrino director do CITI (Centro de investigación, transferencia e innovación da Universidade de Vigo). 
Xosé Antón visitou a nosa exposición e falounos de como a informática axuda nos diagnósticos, na interpretación de resultados e nas investigacións que están a levar a cabo en colaboración con cardiólogos e psiquiatras ourensáns.
Unha sorte poder estar en contacto con tan bós profesionais que nos permiten abrir o cole ao mundo!
                     
                        
                 
       

Entrevista de Isabel e Víctor.
 No seguinte audio ao rematar a conferencia de xeito breve e rápido poidemos facer unhas preguntas a Xosé Antón Vila para o noso canal de podcast.
Moitas grazas a Xosé Antón polo seu tempo e a súa amabilidade!
Para tod@s os alumn@s é unha oportunidade magnífica poder estar en contacto con profesionais destacados no eido da investigación coma Patricia e Xosé Antón.




Os alumnos de Ciencia Activa ESO é! puxemos un pequeno stand para que na semana da ciencia, o entrar e o saír do colexio poideran acceder o noso blog e tamén o blog dos nosos compañeiras de BAC. Fixemos esta foto remate da II Semana da Ciencia.

"Coach- Kids": Por un bó uso do internet!

Os alumnos de 4º da ESO participamos nunha tarefa educativa que chamanos "Coach-Kids" e consiste en informarnos ben dos perigos de internet para os menores, empregando webs de recursos axeitados e supervisados pola nosa profesora. A continuación por grupos deseñamos que temas imos a tratar e expór as nenas e nenos dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.


Elaboramos a seguinte presentación na que facemos recomendacións e advertimos dos perigos dun uso inadecuado das redes sociais e da internet en xeral.
Con motivo do Día das Telecomunicacións o 17 de maio levaremos a práctica o noso proxecto "Coach- Kids":
Educación entre iguais!






                  

domingo, 22 de mayo de 2016

Os "coachs" da ESO en acción!

Experiencia moi positiva de educación entre iguais!
Os alumnos de 4º da ESO puxeron en práctica o proxecto Coach- Kids cos compañeiros de 4º, 5º e 6º de primaria. Durante media hora explicaron os riscos e precaucións a ter en conta para facer un bó uso da internet, a presentación que empregaron feita por Ana, Ceci e Viviany inclúe vídeos didácticos de pantallas Amigas. Lémbranlle a importancia de estar informados sobre temas coma: o ciberacoso, os datos persoais, publicación de fotos, páxinas con contidos inadecuados...
 Ao rematar a explicación pasáronlles os escolares o seguinte cuestionario:


A experiencia foi moi positiva xa que a derradeira cuestión sobre se lles gustou a explicación e se aprenderan con Coach- Kids, o 100% dos escolares dixeron que SI!!



Estos son os resultados dalgunhas preguntas:



Os resultados deste gráfico circular corresponden:
 A 4º de primaria o 26.5%; a 5º de primaria 30.6%; e a 6º de primaria un 42.9%. 
Pódese ver un aumento do uso das redes sociais coa idade, tamén coiciden os mesmos porcentaxes para a pregunta de tes móvil. 




En todos os cursos de primaria a acollida aos coach de secundaria foi estupenda, moitas grazas aos titores de primaria e aos seus alumn@s pola súa atención!
Paula, Baty y Marcial coch- kids en 5º P.



Os escolares de 6º P participan en Coach-Kids!

Lucía , Ceci y Ana en 4º Primaria

miércoles, 20 de abril de 2016

Charla- Obradoiro de ilustración na ESO

Con motivo do III Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo- Zorelle, na ESO poidemos asistir a unha charla coa ilustradora Rebeca Perea que ensinou algúns trucos para poder debuxar emocións, estados de ánimo,...
Na segunda parte da charla os estudiantes de 2º de ESO a partir dun texto, inventaban e debuxaban o seu propio comic!
Moi divertido!



 Rebeca Perea trouxo dous contos ilustrados por ela: "Cuentos bilingües" e "De camino a la vida". O primeiro con ilustracións para favorecer a adquisición de vocabulario en inglés, e o segundo cunhas ilustracións sobre a reprodución humana explicada para nen@s e pais. 
O remate da charla gravamos este audio, tan interesante! Non deixedes de escoitalo! Moitas grazas Rebeca polos seus consellos e amabilidade!



Ana e Lucía entrevistan a Rebeca Perea


jueves, 7 de abril de 2016

Onde foron os pardais?



Os pardais (Passer domesticus), eses pequenos paxaros que a miúdo vemos en zonas habitadas polo ser humano, están a desaparecer das cidades. De feito, dende fai 30 anos, ata o 63% dos pardais de toda Europa xa desapareceron. Pero, por que? Nas cidades, as causas principais son a contaminación, a ausencia de espazos verdes, o que lles dificulta formar os niños, así como a invasión de especies exóticas (como a cotorra arxentina). No medio rural, pola contra, os principais problemas son o emprego abusivo de praguicidas así como o despoblamento en xeral. 
Un gran problema a perda de biodiversidade! 


 Segundo a organización SEO/BirdLife, pioneira na conservación da Natureza e da biodiversidade en España, a desaparición desta pequena ave na Península Ibérica soamente é dun 6%, sendo máis aguda a medida que nos movemos cara o norte do noso país. Sen embargo, que o seu descenso en número de individuos sexa menor que a media europea non implica que non debamos poñernos mans á obra para protexer aos nosos pardais.

    Ao mesmo tempo, dita ONG, realizou un estudo acerca da situación dos pardais tendo en conta onde habitaban: no centro das cidades, na periferia ou nas zonas máis distantes dos núcleos urbanos. Como resultado, observouse que as aves que habitaban os núcleos urbanos presentaban problemas graves como desnutrición ou anemia.

    Pero, que podemos facer nós para axudar a esta especie? SEO/BirdLife tamén propón unha serie de sinxelas medidas que calquera pode levar a cabo. Por exemplo, a creación de pequenos niños e comedeiros, a promoción de espazos verdes, etc. Todos podemos aportar o noso grao de area para axudar á conservación das especies porque, non debemos olvidar que...

A conservación da Natureza é cousa de todos!
   
Se queres consultar máis información acerca dos pardais, así como sobre os seus costumes, etc., podes acceder a páxina de SEO/BirdLife: http://www.seo.org/ave/gorrion-comun/

Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!




miércoles, 30 de marzo de 2016

Test sobre as Teorías Evolutivas, xoga e repasa!

Empregando Educaplay, unha ferramenta 2.0 moi intuitiva e doada de utilizar, esta vez déixovos un test sobre as teorías da evolución. A ver se conseguides responder en menos de 3 minutos!
Xoga e aprende! Sorte!


miércoles, 2 de marzo de 2016

Explicación de cómo se producen e detectan as ondas gravitacionais!

As ondas gravitacionais son actualidade científica!
Foron detectadas por primeira vez dende a Terra, e xa fai un século que Albert Einstein falou da súa existencia, de tódolos xeitos non é doado a súa comprensión. A doutora en física Patricia Losada Pérez, actualmente profesora e investigadora en Bélxica, no seguinte audio plantexa este tema de actualidade científica dun xeito claro e sinxelo para facilitar a comprensión dun fenómeno tan complexo e difícil de detectar. 


A profesora e científica Patricia Losada, responde as seguintes preguntas neste podcast:
Qué son las ondas gravitacionales y por dónde se propagan?
Qué es el espacio-tiempo?
Cómo se representa entonces el medio a través del cual las ondas gravitacionales se propagan, el espacio-tiempo?
Cómo se producen las ondas gravitacionales?
Cómo se han detectado?
Para qué sirve la detección de ondas gravitacionales?
No documento que se pode ver a continuación en issuu, recóllese o contido do audio explicado pola investigadora Patricia Losada Pérez, exalumna do colexio Padre Feijóo-Zorelle onde cursou todos os estudios non universitarios. Engadir que se licenciou na Universidade de Vigo, onde defendeu a súa tesis doctoral, participa en investigacións de distinta índole, con máis de cincuenta artigos en revistas científicas no campo da termodinámica, a bioelectrónica, nanotecnoloxía, electromagnetismo, biofísica...Con estancias de investigación en Reino Unido, Bélgica, Japón e Estados Unidos, conferencias, dirección de proxectos, colaboracións con outros investigadores e imparte docencia na Universidade de Hasselt onde tamén exerce a súa labor científica.
Agradecemos a explicación das ondas gravitacionais e o tempo que a doutora Losada adicou o resumo  e gravación destes conceptos físicos, co fin de achegalos a nós de xeito sinxelo.
Grazas Patricia e noraboa pola túa labor investigadora!