Os pardais (Passer domesticus),
eses pequenos paxaros que a miúdo vemos en zonas habitadas polo ser humano, están a desaparecer das cidades. De feito, dende fai 30 anos, ata o 63% dos pardais de toda Europa xa
desapareceron. Pero, por que? Nas cidades, as causas principais son a contaminación,
a ausencia de espazos verdes, o que lles dificulta formar os niños, así como a
invasión de especies exóticas (como a cotorra arxentina). No medio rural, pola
contra, os principais problemas son o emprego abusivo de praguicidas así como o
despoblamento en xeral.
Un gran problema a perda de biodiversidade!
Segundo a organización SEO/BirdLife,
pioneira na conservación da Natureza e da biodiversidade en España, a
desaparición desta pequena ave na Península Ibérica soamente é dun 6%, sendo máis aguda a medida que
nos movemos cara o norte do noso país. Sen embargo, que o seu descenso en número
de individuos sexa menor que a media europea non implica que non debamos
poñernos mans á obra para protexer aos nosos pardais.

Pero, que podemos facer nós para axudar a esta especie? SEO/BirdLife tamén propón unha serie de sinxelas medidas que calquera pode levar a cabo. Por exemplo, a creación de pequenos niños e comedeiros, a promoción de espazos verdes, etc. Todos podemos aportar o noso grao de area para axudar á conservación das especies porque, non debemos olvidar que...
A conservación da Natureza é cousa de todos!
Se queres consultar máis información acerca dos pardais, así como sobre os seus costumes, etc., podes acceder a páxina de SEO/BirdLife: http://www.seo.org/ave/gorrion-comun/
Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!
Por outra banda, se te animas a construir un niño ou unha casa niño para esta, ou calquera outra ave, e facilitarlles así un lugar onde acubillarse, ao mesmo tempo que te divirtes, aquí tes un tutorial fácil e sinxelo!
una entrada muy interesante y con mucha razón, intentaré hacer un nido.
ResponderEliminarReally interesting!
ResponderEliminar