jueves, 9 de junio de 2016

Destino Madrid!






Os escolares de infantil de 5 anos, cos que participamos no proxecto "Novos profes- pequenos científicos", deséxannos sorte dun xeito moi emotivo, xa que fixeron axudados pola súa profe Mª José un cartel precioso cargado de sorrisos e ledicia, onde cada un adicóunolo co seu nome! 
      
GRAZAS!  CANTO CARIÑO E ENERXÍA POSITIVA!   
                         



Una representación dos contribuíntes do blog (Xu, Diego e Bea), viaxarán a Madrid a recoller a nosa peonza, non sabemos cal será, pero a que sexa é a nosaaaaaaa!!!!
Nesta foto recollemos o momento no que todos desexamos sorte e boa viaxe aos representantes de recoller o premio en MediaLab- Prado. Entre uns 800 blogs estar entre os 32 premiados é unha honra, moitas grazas á organización e xurado da X Edición Espiral Edublog!

                   

Parécenos incrible ter este recoñecemento ao noso blog, estamos moi ledos e agradecidos!
Grazas á dirección do noso colexio por apoiarnos, felicitarnos e facilitarnos a viaxe!                 

1 comentario: