Tras unhas vacacións en Bulgaria, o xoven doutor regresou ao laboratorio do profesor Massol con un bote de iogur que fixolle coallar a súa nai. Pediu algunhas indicacións ao seu profesor e pegouse ao microscopio... Ao cabo de largos experimentos conseguiu descubrir e aislar a bacteria que provoca a fermentación da leite e que ten por resultado o producto que hoxe en día todos coñecemos como iogur. Grigorov morreu o 27 de Outubro de 1945.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBwBNHZCy0cLHkWi3oeR4ZlfgR9vFTDWFf8GZv-ESYH7XcL7ag-RB9JfufgXoZ5KWURTbm-yLw8SeZmhWZzkULhaUEaDnLikSvCUz1QCCbn83DlezI_IMaLbhghvRE9T0lcm5bt8M6cyo/s200/download.jpg)
Liubomir Georguiev Miletich naceu o 1 de xaneiro de 1863 en Stip (Macedonia) e morreu o 1 de xuño de 1937 en Sofía (Bulgaria)
Foi un dos científicos búlgaros máis destacados na esfera da lingüística, a etnografía, a dialectoloxía e a historia.
Escribiu moitos estudos nestas áreas científicas e publicou materiales preciosos para a lingüística, para a historia e para outras ciencias.
Estudiou Filoloxía eslava na universidade de Zagreb e na universidade de Praga.
Conseguiu o título de Doutor en Filoloxía e en Filoloxía eslava no ano 1889 e foi Decano da Facultade de Historia e Filoloxía en 1903 a 1904; en 1900 a 1901 e 1921 a 1922 foi Rector da Universidade de Zagreb.
Dende 1898 foi membro da Academia Búlgara das Ciencias, e foi presidente dende 1926 ata a súa morte. Tamén foi presidente do Instituto Científico de Macedonia dende 1927 ata a súa morte.
![Placa conmemorativa na casa onde Miletich viviu en Sofía.](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhLwgvyrlxbG0eWeKla4eGi77Xan7b6qSnQjWjnGQT75Sy1AAIgc65-EslKqSCyErPGP9C8iw5h4hegwvDdObBgn6tbKrd1AtoBcGlQOdG7aBMY40c8DFXFxdj9v9f_3eIauK1DtDf39Oc/s320/330px-Lyubomir-Miletich-plaque.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario