Aquí hai séculos que conviven a curación, o lecer e o culto; foi o lugar de encontro dos seus habitantes, a orixe das lendas, un marco literario e unha colección de postais interminables. Polo tanto, non é casual que Ourense sexa coñecida como a «Cidade das Burgas». Ademais, foi un centro de peregrinación na antigüidade e un dos santuarios indíxenas máis importantes da península.
O trazado actual das Burgas, declarado Ben de Interese Cultural en 2007, débese a un longo proceso de obras e reformas realizadas recentemente e que hoxe nos permiten gozar deste espazo na súa plenitude: un punto de encontro coa historia e o memoria de Ourense.
A continuación déixovos unha fotografía do cartel que informa sobre a composición química da auga da fonte das Burgas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEge6NTebGsFvA1hfW6TXj-Drxkl_SFdIbB_tbV_VQBKfRNFc7RpdxZlmEmgkDsGRt2_5GvX-X6ij1oUyRtJPrjcA2Nl1Xb7APxg9GIuYWtxm7v-Kx45U-uSn3RgadPKDbS0CtYjdocN1f8U/w602-h288/C7D9DAE4-A2C4-43F8-B2DC-B93F5D2C8622.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario