lunes, 17 de octubre de 2022

Alfred Wegener e a hipótese da deriva continental

O astrónomo e meteorólogo alemán Alfred Wegener (1880-1930) foi quen propuxo que os continentes no pasado xeolóxico se unisen nun supercontinente chamado Panxea, que despois se rompería pola deriva continental. O seu libro Entstehung der Kontinente und Ozeane (A formación dos continentes e dos océanos; 1915) recibiu pouco recoñecemento e foi criticado pola falta de probas a favor da deriva, pola ausencia dun mecanismo que a provocase e porque se pensaba que tal deriva, era fisicamente imposible.


                                               


Para apoiar a súa teoría, Wegener presentou moitos indicios e probas, pero non podía explicar cal era a forza capaz de empurralos, polo que suxeriu que podería ser a rotación terrestre.


PROBAS XEOGRAFICAS
O encaixe dos perfís dos continentes, especialmente entre África e América do Sur, fora observado e mencionado por outros autores, como Benjamin Franklin no século XVIII, e Alexander von Humboldt, no XIX

                                                       


PROBAS PALEOCLIMÁTICAS
Un exemplo son as pegadas deixadas por unha antiga glaciación que se produciu hai 300 millons de anos.
A distribución das frechas vermellas indica as direccións dos sinais de erosión do xeo.




PROBAS PALEONTOLÓXICAS
Encontrábanse fósiles de animais e plantas moi similares en continentes diferentes, o que non podía explicarse a non ser que eses continentes estivesen en contacto no pasado.


 

1 comentario: