lunes, 26 de septiembre de 2016

As vespas volven a pisar terra ourensá!

Resultado de imagen de vespa asiaticaLocalizan un niño de vespa asiática, esta vez en Trives, un concello da provincia de Ourense. A nova publicouse este 20 de setembro no xornal "La Región", facéndose eco da alarma e preocupación que xurdiu entre os apicultores trivenses.  A localización de este niño de vespa asiática chamada 'Vespa velutina' encontrouse nun árbol de A Somoza, un pequeno pueblo de este concello.

É un insecto depredador de outros insectos autóctonos, especialmente, das colonias de abellas. O niño está situado a unha altura de tres metros respecto o solo. A súa existencia xa fora advertida fai días, e aparece recollida nun informe da policía local.O tamaño do niño vai en aumento, igual que a preocupación dos veciños, especialmente dos apicultores, pois cada vez hai máis novos que se adican a esto, pois a media está entre os 25 e 35 anos de idade.
A Asociación Galega de Apicultores (AGA) confirmou en Quiroga (Lugo), o concello máis próximo a Trives, donde foron atopados niños de esta vespa.
A Consellería do Medio Rural adverte que a presencia de este insecto debe ser avisado o teléfono 012.
Este organismo rexistrou 3.354 niños de vespa en toda Galicia en 2016; a gran mayoría atopados  na zonas de costa galega e 16 en Ourense.

Neste vídeo pódese ver o ataque das vespas as abellas, ( imaxes a 240 fps, do comportamento da vespa asiática diante das colmeas durante o verán, época na que atacan as abellas), e como poden por en perigo a economía do sector da apicultura en Galicia.


lunes, 13 de junio de 2016

Somos o primeiro premio!!!!

Diego, Bea e Xu co premio!
Ciencia Activa, ESO é! gañador na X Edición Espiral Edublogs da "Peonza Dourada", na categoría de alumnos de secundaria!
Momentos felices e moi emotivos, os vividos na entrega de premios este pasado sábado día 11 de xuño en Media Lab- Prado (Madrid). Xu, Diego e Bea recollen a peonza en nome de tod@s e teñen a sorte de asistir a charla de Juanmi Muñoz sobre a evolución da educación e a historia de Espiral- Edublogs.
Somos afortunados de contar con este recoñecemento que fai que teñamos un extraordinario remate de curso. A prensa local fíxose eco da nova: "La Región"

Engadir que a representación do blog en Madrid poido asistir á comida con outros galardoados, os membros do xurado e con Juanmi Muñoz, estupendo conversador co que compartimos mesa e conversas, sempre enriquecedoras. 

Agradecémoslle a súa amabilidade e cordialidade!
Juanmi Muñoz e os representantes de Ciencia Activa, ESO é!

No seguinte vídeo vemos o momento no que recollen o premio Xu, Diego e Bea:

jueves, 9 de junio de 2016

Destino Madrid!






Os escolares de infantil de 5 anos, cos que participamos no proxecto "Novos profes- pequenos científicos", deséxannos sorte dun xeito moi emotivo, xa que fixeron axudados pola súa profe Mª José un cartel precioso cargado de sorrisos e ledicia, onde cada un adicóunolo co seu nome! 
      
GRAZAS!  CANTO CARIÑO E ENERXÍA POSITIVA!   
                         



Una representación dos contribuíntes do blog (Xu, Diego e Bea), viaxarán a Madrid a recoller a nosa peonza, non sabemos cal será, pero a que sexa é a nosaaaaaaa!!!!
Nesta foto recollemos o momento no que todos desexamos sorte e boa viaxe aos representantes de recoller o premio en MediaLab- Prado. Entre uns 800 blogs estar entre os 32 premiados é unha honra, moitas grazas á organización e xurado da X Edición Espiral Edublog!

                   

Parécenos incrible ter este recoñecemento ao noso blog, estamos moi ledos e agradecidos!
Grazas á dirección do noso colexio por apoiarnos, felicitarnos e facilitarnos a viaxe!                 

jueves, 2 de junio de 2016

Participamos na II Semana da Ciencia do colexio!

No colexio Padre Feijoo- Zorelle adicamos esta semana a expór os traballos máis representativos de tódolos niveis educativos nas materias de ciencias naturais e bioloxía e xeoloxía. Os traballos dos alumnos e alumnas de Ciencia Activa ESO, é! tiveron moita presenza nesta semana da ciencia, resumimos a nosa participación:



Exposicións:
#ArtCienciaActiva con todos os traballos feitos durante o curso con chuches e plastilina, destacando un "Body Anatomy" grande cas principais partes do corpo en inglés e en galego. Proceso: Debuxar a silueta cos órganos, recortala e pegala nun taboeiro de 1,70 m, comezar a pegar chuches e plastilina, facer os carteis e plastificalos, colocalos no lugar correcto e indicar con frechas feitas con cintas de raso, facer letras de goma eva e incorporar nunha base para levar ao hall do colexio. 
Moito coidado de non podemos etiquetar con erros os órganos, somos responsables da aprendizaxe de outros escolares que van a ver os nosos traballo!
                                                                                


Charla- Obradoiro sobre a calidade das augas a cargo da bióloga experta en análises de augas, Mª Luz García Nocelo. 
Medimos pH, dureza e nitratos en distintas mostras de augas no laboratorio de química, ao rematar a primeira parte, a charla, que foi na aula onde explicou unha presentación sobre a calidade das augas e os análises que fan no entorno da nosa cidade, coma o estudio da augas do río Miño ao paso por Ourense ou as do embalse de Cachamuiña que abastece a cidade.
 Moi instructivo!

Proxecto: Novos profes- pequenos científicos, os alumnos de Ciencia Activa de ESO e Bac diseñamos prácticasde laboratorio para ne@s de 1º e 2º de primaria sobre densidades, cómo pipetear, hinchar un globo sen soplar, cómo un ovo pode encoller e entrar na botella...                                                             Educación entre iguais!



          

Videoconferencia coa Universidade de Hasselt en Bélxica coa doutora en física Patricia Losada que nos falou das aplicacións da física na medicina e respondeu a todas as nosas dúbidas e curiosidades sobre a investigación actual en España e o resto de Europa. Patricia tamén nos presentou a algúns becarios investigadores de diferentes países, a algúns ela lle diríxelle a tese 
Moi interesante e un bó exemplo para nós!  
Moitas grazas a Patricia Losada por outras colaboracións co noso proxecto coma no audio que nos explica as ondas gravitacionais! 
                                                                                                          


Conferencia sobre Informática e as aplicacións en medicina a cargo de Xosé Antón Vila Sobrino director do CITI (Centro de investigación, transferencia e innovación da Universidade de Vigo). 
Xosé Antón visitou a nosa exposición e falounos de como a informática axuda nos diagnósticos, na interpretación de resultados e nas investigacións que están a levar a cabo en colaboración con cardiólogos e psiquiatras ourensáns.
Unha sorte poder estar en contacto con tan bós profesionais que nos permiten abrir o cole ao mundo!
                     
                        
                 
       

Entrevista de Isabel e Víctor.
 No seguinte audio ao rematar a conferencia de xeito breve e rápido poidemos facer unhas preguntas a Xosé Antón Vila para o noso canal de podcast.
Moitas grazas a Xosé Antón polo seu tempo e a súa amabilidade!
Para tod@s os alumn@s é unha oportunidade magnífica poder estar en contacto con profesionais destacados no eido da investigación coma Patricia e Xosé Antón.




Os alumnos de Ciencia Activa ESO é! puxemos un pequeno stand para que na semana da ciencia, o entrar e o saír do colexio poideran acceder o noso blog e tamén o blog dos nosos compañeiras de BAC. Fixemos esta foto remate da II Semana da Ciencia.

"Coach- Kids": Por un bó uso do internet!

Os alumnos de 4º da ESO participamos nunha tarefa educativa que chamanos "Coach-Kids" e consiste en informarnos ben dos perigos de internet para os menores, empregando webs de recursos axeitados e supervisados pola nosa profesora. A continuación por grupos deseñamos que temas imos a tratar e expór as nenas e nenos dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.


Elaboramos a seguinte presentación na que facemos recomendacións e advertimos dos perigos dun uso inadecuado das redes sociais e da internet en xeral.
Con motivo do Día das Telecomunicacións o 17 de maio levaremos a práctica o noso proxecto "Coach- Kids":
Educación entre iguais!






                  

domingo, 22 de mayo de 2016

Os "coachs" da ESO en acción!

Experiencia moi positiva de educación entre iguais!
Os alumnos de 4º da ESO puxeron en práctica o proxecto Coach- Kids cos compañeiros de 4º, 5º e 6º de primaria. Durante media hora explicaron os riscos e precaucións a ter en conta para facer un bó uso da internet, a presentación que empregaron feita por Ana, Ceci e Viviany inclúe vídeos didácticos de pantallas Amigas. Lémbranlle a importancia de estar informados sobre temas coma: o ciberacoso, os datos persoais, publicación de fotos, páxinas con contidos inadecuados...
 Ao rematar a explicación pasáronlles os escolares o seguinte cuestionario:


A experiencia foi moi positiva xa que a derradeira cuestión sobre se lles gustou a explicación e se aprenderan con Coach- Kids, o 100% dos escolares dixeron que SI!!



Estos son os resultados dalgunhas preguntas:



Os resultados deste gráfico circular corresponden:
 A 4º de primaria o 26.5%; a 5º de primaria 30.6%; e a 6º de primaria un 42.9%. 
Pódese ver un aumento do uso das redes sociais coa idade, tamén coiciden os mesmos porcentaxes para a pregunta de tes móvil. 




En todos os cursos de primaria a acollida aos coach de secundaria foi estupenda, moitas grazas aos titores de primaria e aos seus alumn@s pola súa atención!
Paula, Baty y Marcial coch- kids en 5º P.



Os escolares de 6º P participan en Coach-Kids!

Lucía , Ceci y Ana en 4º Primaria

miércoles, 20 de abril de 2016

Charla- Obradoiro de ilustración na ESO

Con motivo do III Festival do Libro do Colexio Padre Feijoo- Zorelle, na ESO poidemos asistir a unha charla coa ilustradora Rebeca Perea que ensinou algúns trucos para poder debuxar emocións, estados de ánimo,...
Na segunda parte da charla os estudiantes de 2º de ESO a partir dun texto, inventaban e debuxaban o seu propio comic!
Moi divertido!



 Rebeca Perea trouxo dous contos ilustrados por ela: "Cuentos bilingües" e "De camino a la vida". O primeiro con ilustracións para favorecer a adquisición de vocabulario en inglés, e o segundo cunhas ilustracións sobre a reprodución humana explicada para nen@s e pais. 
O remate da charla gravamos este audio, tan interesante! Non deixedes de escoitalo! Moitas grazas Rebeca polos seus consellos e amabilidade!



Ana e Lucía entrevistan a Rebeca Perea